Sábado, 23 Sep. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Canais Sociedade VIDEO "Axúdame, eu non sei se podo esperar até mañá."

VIDEO "Axúdame, eu non sei se podo esperar até mañá."

Correo-e Imprimir PDF
Vídeo de Jedna

Unha muller graba unha imaxe diaria durante un ano para amosar a realidade oculta en moitos fogares azotados pola lacra da violencia machista. O final do vídeo non deixa indifetente a ninguén "Axúdame, eu non sei se podo esperar até mañá." .

Neste caso trátase dunha campaña publicitaria encargada polo goberno de Croacia para facer visible a triste realidade dos fogares que sofren de forma invisible a lacra da violencia machista.

O vídeo recolle novamente actualidade na rede logo da noticia da pasada semana na que o Goberno de España concedera o indulto a un Guarda Civil que cometera o delito de omisión do deber logo de grabar en vídeo unha agresión sexual a unha muller, e mofarse dela durante a grabación.

Manuel Arbesú González foi condenado a seis meses de inhabilitación de emprego ou cargo público por omisión do deber de perseguir delitos, como informou este sábado O BOE noso de cada día. O indulto modifica dita pena a unha multa duns 500 euros, polo que seguirá exercendo no corpo a pesar de que a súa condena supón a perda de praza de funcionario.

Segundo os feitos probados que narra a sentenza, relatados polo BOE noso de cada día, o home subiu a un tren cun amigo, que lanzou improperios de contido sexual a unha muller sentada á beira, chegándolle a tocar a pube. Mentres, o garda civil gravaba todo co móbil e ríase da situación. O seu compañeiro de viaxe foi condenado por delito sexual e lesións (agrediu a outro pasaxeiro que tentou frear o asalto) e el quedou coa condena por omisión de perseguir delitos que agora foi convertida nunha multa.

A sentenza destaca que Arbesú González estivo a rirse permanentemente durante os feitos e que non interveu para frear o que estaba a ocorrer, ademais de que fuxiu até dúas veces dos axentes que se presentaron no lugar dos feitos. Aspectos que non impediron o indulto por parte do Goberno do PP.

Distintos colectivos de defensa dos dereitos da muller e de igualdade, colectivos feministas, así como partidos políticos, repudiaron públicamente a concesión do indulto por minimizar o feito e trasladar a imaxe de que este tipo de violencia sexista non ten repercusión penal ningunha fronte a outros delitos, co agravante de tratarse dun axente das forzas de seguridade do estado.

Dim lights Embed Embed this video on your site