Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Tecnoloxía Un vídeo porno no teu Facebook? Ollo ao novo virus que pode por en risco o teu equipo

Un vídeo porno no teu Facebook? Ollo ao novo virus que pode por en risco o teu equipo

Correo-e Imprimir PDF
Facebook alerta de que as contas poden quedar comprometidas | Imaxe VM.info

Usuarios e usuarias da rede social alertan da propagación dun virus cun vídeo pornográfico no que aparecen etiquetados toda a súa rede de amigos.

Fabook advirte da peligrosidade do mesmo, e habilita unha páxina para denunciar os casos.

A propagación da publicación pornográfica faise non só á persoa afectada se non a todo o seu grupo de amigos, sen que a vítima sexa consciente.

Facebook sufre estes últimos días dun novo ataque viral en forma de publicación onde a vítima e a súa rede de amizade son identificados nun vídeo ou mensaxe de contido pornográfico compartido no seu muro. No momento que a vítima fai clic na publicación a mensaxe volve a propagarse como unha autopublicación no perfil. Esta mensaxe serve de cebo para captar novas vítimas, neste caso no círculo de amizades da vítima e dos "etiquetados" volvendo a propagar a publicación en cadea de xeito viral.

A publicación dalle acceso ao control do teu Messenger.

A prograpagación non só se fai a través das publicacións nos muros (TS) de Facebook se non que accede ao control do sistema de mensaxería interno o que aumenta a propagación do mesmo.

A publicación en sí contén un programa mailicioso, chamado no argot tecnolóxico como "malware". Este programa é o que abre a porta de acceso no equipo da vítima para descargar un virus chamado "Amazonaws".

Estou afectado por este virus. Que fago?

Os afectados deberán porse en contacto con Facebook no seu Centro de Axuda e seguir os pasos indicados  https://www.facebook.com/help/222872517905195/ para restablecer a seguridade da súa conta e eliminar os accesos a todos os programas e aplicacións e xoigos descoñecidos.  Isto no que respecta á conta de usuario en Facebook, mais as persoas que resultasen infectadas nos seus equipos ou que desconfían que poden estalo é preciso que executen unha análise dun antivirus no seu ordenador. No mercado existen algúns que permiten versións de 30 días de proba gratuíta, suficiente para limpar o ordenador e garantir a seguridade do mesmo.