Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Acto solidario en Valadares coa Plataforma de Afectados pola Hipoteca Vigo-Tui-Baixo Miño.

Acto solidario en Valadares coa Plataforma de Afectados pola Hipoteca Vigo-Tui-Baixo Miño.

Correo-e Imprimir PDF

Preparan o I Certame Solidario que se desenvolverá no Pavillón do Centro Cultural de Valadares o vindeiro sábado 9 de xullo. O evento convida a participar dunha masterclass de zumba a cargo de Pilar Gómez, Nuria Méndez, Ana Freiría e Saul. A continuación terá lugar unha clase de movemento, respiración e relaxación, a cargo de Nora Bentancourt. A actividade rematará cunha exhibición de danza a cargo da Escola Mediapunta de Vigo. As actividades darán comezo ás 18:30 horas.

A actividade está organizada pola Plataforma de Afectados pola Hipoteca Vigo-Tui-Baixo Miño ca fin de acadar fondos para desenvolver os seus cometidos reivindicativos. Os concorrentes poderán colaborar mercando rifas, nas caixas de solidariedade así como mercando diversos produtos que a plataforma terá á venda no Pavillón de Valadares.