O Comando Ghichas segue adiante coa campaña de concienciación veciñal sobre o uso de herbicidas. Este sábado día 7, ás 19:00 organiza a terceira charla, impartida de novo polo Doutor en Bioloxía Cesar Lema. Nesta ocasión será na Asociación de Veciños de Monteferro (Praza Mestra Dona Manuela 4. Porqueira-Panxón).
Axenda do Val Miñor
Espazo Lectura celebra o IX «Dar de ler coma quen dá de beber», na Semana do Libro e a Lectura en Gondomar
O sábado 23 de abril, Día do Libro, entre as 12:00 e as 14:00 horas, Espazo Lectura celebra por noveno ano consecutivo o Dar de ler coma quen dá de beber, inserido dentro da programación da Semana do Libro e a Lectura 2016. Mantense así a proposta anual de ler e compartir lecturas nun espazo público arredor do Día do Libro. Dende a asociación animan a acudir ao Café Keik (rúa das Ánimas 10, Gondomar), e sentar a escoitar os textos que se van ler.
Dar de ler coma quen dá de beber é unha actividade que toma o seu nome dunha frase do escritor Álvaro Cunqueiro e que Espazo Lectura celebra anualmente arredor do Día Internacional do Libro (23 de abril). Consiste nunha lectura de textos, colectiva e en voz alta, que se realiza nalgún espazo público e na que participan arredor de 30 persoas, que len os textos elixidos por elas mesmas, co ánimo de sensibilizar a cidadanía sobre a importancia da lectura. Trátase dunha actividade itinerante, que busca levar a lectura a lugares nos cales habitualmente non está presente, apostando por abrir espazos e tempos para a lectura e por facer desta un lugar de encontro.
Presentación de “As últimas galerías” de Pepe Cáccamo en Gondomar
A libraría LIBRAIDA convídao a presentación do libro "As últimas galerías" (Editorial Galaxia), de Xosé María Álvarez Cáccamo . O acto celebrarase o martes, 29 de marzo ás 20:30 na libraría. Presenta o profesor Carlos Meixome
Contarase coa presenza do autor. A obra foi finalista do Premio Arcebispo San Clemente 2016.
O Entroido de Nigrán queda aprazado para o venres 19 de febreiro.
O Concello de Nigrán veuse na obriga de pospoñer de novo o desfile de Entroido ata o vindeiro venres 19 de febreiro por mor das malas condicións meteorolóxicas. Como novidade, a celebración realizarase pola noite, a partir das 21.30 horas, e á programación inicial engádese un peche de festa na praza do consistorio amenizado por un grupo musical.
O profesor Antonio Piñeiro conducirá un seminario sobre a vida de Xesús en Sabarís.
O catedrático especializado en lingua e literatura do cristianismo primitivo, Antonio Piñeiro dará inicio este luns 8 de febreiro un seminario que levará por título "Investigación sobre Xesús" . Transcorrerá de 18 a 19:30 horas no Mercado Tia Ni (Julián Valverde 36, Sabaris-Baiona).
O ciclo estará orientado a todo o publico interesado nas orixes do cristianismo na figura de Jesús de Nazaret e a súa repercusión cultural na formación do Novo Testamento nunha linguaxe sinxela e claro con posibilidade de preguntas e respostas ao final de cada sesión.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL