O IMSERSO organiza o Programa de Termalismo Social dirixido a pensionistas da Seguridade Social, perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 anos cumpridos. Este programa propociona tratamentos termais a prezos reducidos en balnearios de todo o territorio nacional en regimen de aloxamento con pensión completa. As estancias poden ser de 10 e 12 días de duración.
Axenda do Val Miñor
Papá Noel visitará Gondomar este xoves.
O vindeiro xoves 24 dende as 17,00 ás 19,00H. Papá Noel e os seus axudantes estarán en Gondomar.
O Concello de Gondomar dende a Concellería de Cultura quere invitar a tódolos nenos e nenas do municipio a pasar unha tarde máxica grazas a animación na rúa que acompañará a Papá Noel no seu percorrido levada a cabo polo Centro Cultural "A Merced" de Chaín.
Pedro Feijoo presentará a súa nova novela “Morena, perigosa e románica” no IEM.
De boca do propio autor imos coñecer todos os segredos de Morena, perigosa e románica, a nova e esperada novela de Pedro Feijoo. Acompañado de Manuel Bragado da casa editorial Xerais e Luís Domínguez Sanjuán da Asociación Espazo Lectura, a presentará este xoves 22 de outubro ás 20:30 horas nun acto aberto.
Morena, perigos e románica. Unha novela dantesca.
“Espazos sonoros” achega este domingo a Baiona un recital de músicas renacentistas e barrocas do cantante e laudista Joel Frederiksen
Espazos Sonoros” chegará esta fin de semana a Baiona nunha nova sesión deste festival de música e patrimonio promovido pola Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura.
Este domingo 18 de outubro, ás 20:00 horas, a igrexa barroca de Santa Liberata acollerá o concerto do cantante e laudista Joel Frederiksen, que ofrecerá un recital de música inglesa, francesa e italiana do Renacemento e do primeiro Barroco.
Nigrán abre inscricións para participar das celebracións do Samaín no concello.
A inscrición para o concurso de cabazas talladas estará aberta do 26 ao 29 de outubro
O Concello de Nigrán organiza con motivo do Samaín varias actividades destinadas aos nenos, así como un concurso de cabazas talladas. O programa desenvolverase o día 31 de outubro de 10:30 ás 19:00 no Auditorio Municipal e terá o seguinte contido:
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL