Este sábado día 16 terá luar o tradicional encontro de rondallas na vila de Gondomar. Trátase da XXXIV edición deste desfile que tradicionalmente celébrase o día de reis e que este ano por razoes climatolóxicas debeu suspenderse. Será a partir das 17:00 h.
Axenda do Val Miñor
Unha novela de Manuel Janeiro para estrear 2016 no club de lectura Sete Vidas
Este martes 12 de xaneiro arranca o novo ano para o club de lectura Sete Vidas da asociación Espazo Lectura, que dedica a súa sesión mensual a comentar a novela O sexo masculino dos anxos, do autor Manuel Janeiro (nado en Madrid, namorado de Vigo e do Val Miñor nos veráns da infancia que pasou en Panxón, e residindo hoxe en Peitieiros-Gondomar).
A Ramallosa e a praza do Concello centrarán os actos da cabalgata de reis en Nigrán.
En caso de choiva todas as actividades serán trasladadas ao pavillón municipal de deportes.
O Concello de Nigrán trasladará este ano os actos centrais da Cabalgata de Reis do día 5 de xaneiro á Ramallosa e a Praza do Concello, sen esquecerse de pasar por Praia América e Panxón, como vén facendo tradicionalmente.
Concerto na Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona
O Instituto de Estudos Miñoranos informa que o vindeiro luns 4 de xaneiro a Coral Polifónica de Baiona ofrecerá un concerto na Santa Casa de Paz e Misericordia para inaugurar as Xeiras Culturais de 2016 que en breve serán presentadas para os meses de xaneiro e febreiro. A hora de comezo será ás 19:45 Horas.
Exposición e visita guiada polos sete beléns tradicionais de familias de Sabarís.
Este sábado 3 de xaneiro ás 17:30 h, terá lugar unha visita aos beléns de sete familias de Sabarís. O percorrido acollerá interpretacións de villancicos. A saída terá lugar no Mercado da Tía Ni (Julián Valverde 36, Sabarís-Baiona) onde estará instalada unha exposición de micro beléns.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL