Domingo, 22 Sep. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda Concerto na Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona

Concerto na Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

O Instituto de Estudos Miñoranos informa que o vindeiro luns 4 de xaneiro a Coral Polifónica de Baiona ofrecerá un concerto na Santa Casa de Paz e Misericordia para inaugurar as Xeiras Culturais de 2016 que en breve serán presentadas para os meses de xaneiro e febreiro. A hora de comezo será ás 19:45 Horas.

A Coral está dirixida por César Lorenzo, irmán do ilustrador para estes eventos Fino Lorenzo, e interpretará " Concerto de Nadal" e obras do seu repertorio anual.

Estas actividades deron comezo o pasado 25 de decembro cunha conferencia sobre os naufraxios do Auslag, o Skogland e o Highland Pride aos que a voz de tango de Urbano Piñeiro Morell ( Simbad) dedicou unha canción ao remate.