Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Unha novela de Manuel Janeiro para estrear 2016 no club de lectura Sete Vidas

Unha novela de Manuel Janeiro para estrear 2016 no club de lectura Sete Vidas

Correo-e Imprimir PDF
janeiro 0026 rec1

Este martes 12 de xaneiro arranca o novo ano para o club de lectura Sete Vidas da asociación Espazo Lectura, que dedica a súa sesión mensual a comentar a novela O sexo masculino dos anxos, do autor Manuel Janeiro (nado en Madrid, namorado de Vigo e do Val Miñor nos veráns da infancia que pasou en Panxón, e residindo hoxe en Peitieiros-Gondomar).

Ademais de escritor, Janeiro é deseñador gráfico e fundador, xunto con Francisco Mantecón, do primeiro estudio de deseño gráfico de Galicia a finais dos setenta e é responsable de máis de 3.000 cubertas de libros de editoriais como Galaxia, Gredos, ou institucións como o Consello da Cultura Galega ou a Real Academia Galega.
A cita será na Biblioteca de Gondomar ás 20:00 horas.