Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A Ramallosa e a praza do Concello centrarán os actos da cabalgata de reis en Nigrán.

A Ramallosa e a praza do Concello centrarán os actos da cabalgata de reis en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
REYES-MAGOS-EN-HIGUERA-DE-LA-SIERRA

En caso de choiva todas as actividades serán trasladadas ao pavillón municipal de deportes.

O Concello de Nigrán trasladará este ano os actos centrais da Cabalgata de Reis do día 5 de xaneiro á Ramallosa e a Praza do Concello, sen esquecerse de pasar por Praia América e Panxón, como vén facendo tradicionalmente.

Así, desde as 16.00 horas os Reis Magos de Oriente estarán na Ramallosa, onde un grupo de animación de "Festa Escénica" (encargados de elaborar as carrozas) e a rondalla de Parada animarán o inicio da cabalgata.

Xa ás 17.00 partirá cara á Praza do Concello despois dunha gran tirada de globos de helio entre Damas Apostólicas e Romana Alta, no seu percorrido pasarán por Praia América (Rúa Vista ao Mar, 17.30 horas), Panxón (Pavillón e rúa Mariñeiro, 17.45 horas), seguirá pola Avenida Val Miñor e entrará ás 19.00 horas na Praza do Concello.

As persoas que esperen alí a súa chegada gozarán da actuación de diferentes grupos de baile da escola Bambú desde as 18.00 horas. As súas maxestades serán recibidos cun gran espectáculo circense da "Festa Escénica" e despois dispoñeranse a recibir as peticións de última hora dos máis pequenos na mesma praza. En caso de choiva todas as actividades serán trasladadas ao Pavillón Municipal.