O venres día 11 de Setembro, ás 20:30 horas, Marlene Rodrigues e Santiago Ferragud (as voces de Xardín desordenado) achegaranse até a Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar), para presentar este novo proxecto nunha versión íntima e moi emotiva.
Axenda do Val Miñor
Curso de cestería en palla de centeo na parroquia de Chandebrito
A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", consciente do éxito obtido noutras edicións realizadas e co fin de recuperar e poñer en valor un dos oficios tradicionais máis antigos, convoca para esta nova tempada 2015/2016 un curso de cestería tradicional, denominado "Cestería en palla de centeo (III"), coas seguintes características:
-Técnica: cosido en espiral con palla de centeo.
O Concello de Nigrán organiza unha xornada de limpeza de especies invasoras nas dunas de Panxón.
O Concello de Nigrán organiza este xoves unha nova xornada de limpeza de especies invasoras no ecosistema dunar de Praia América-Panxón despois de que a anterior fose suspendida polo mal tempo.
Para elo, fai un chamamento a tódalas aquelas persoas voluntarias que estean interesadas en participar.
A Rondalla Santiago de Parada convoca a aspirantes a integrar a agrupación.
Dende o pasado xoves 3 están a ensaiar no Centro Cultural de Parada do Miñor (Camiño da Igrexa, 6) a partir das 21:30 horas.
Convocan a persoas de todas as idades que desexen integrarse á agrupación a participar dos ensaios.
Nigrán despide a programación de zumba na praia mañá xoves cunha gran clase fin de curso
Tras dous meses de realizar con gran éxito a actividade de zumba en praia América, o Concello de Nigrán xunto a colaboración de Toni Pilates organiza mañá xoves ás 19.30 horas unha gran clase fin de curso que porá o broche de ouro á tempada.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL