Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Antón Riveiro Coello presentará “Os elefantes de Sokúrov” na libraría Libraida de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Antón Riveiro CoelloO libro gañador do Premio Fervenzas Literarias 2015 ao Mellor Libro de Narrativa será presentado polo autor na Libraría Libraida. Contará cunha introdución a cargo do historiador Carlos Méixome Quinteiro. O acto celebrarase este xoves, 11 de febreiro ás 20:30 na libraría. Ao finalizar, o escritor asinará exemplares aos lectores.

O Concello de Nigrán organiza un obradoiro gratuíto de elaboración de galletas decoradas con fondant.

Correo-e Imprimir PDF

galletas-fondant-corazonesA concellería de Cultura, Turismo, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán organiza o vindeiro Mércores día 10 de Febreiro un obradoiro de galletas decoradas con fondant e motivos de San Valentín.

O lugar de realización será no restaurante Queimada, en Parada, e terá unha duración de 2 horas. Os alumnos aprenderán técnicas de manexo e moldeado de Fondant, de preparación da masa das galletas, e de decoración e de empaquetado das mesmas.

“TRAVESEO. PRAGMATISMO” Exposición de ALFONSO SOLIÑO TRONCOSO no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

O vindeiro venres 29 de xaneiro, ás 8:30 da tarde, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) –n.º 10, baixo, da Avda. da Feira, en Gondomar-, nun acto aberto a quen desexe asistir, Alfonso Soliño Troncoso inaugura unha exposición de escultura e pintura que recolle o resultado das súas investigacións espaciais e obxectuais dos últimos dous anos, aínda ben se incorporen algunhas pezas anteriores.

Espectáculo de clown para os máis cativos en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

maxresdefault 1A concellería de Cultura, Turismo, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán organiza o vindeiro Sábado 30 de xaneiro un espectáculo de clown para o público cativo co que abrirá os actos do Entroido 2016 no municipio.
"Os nenos e nenas poden ter medo á figura do pallaso, por iso Lolo irá caracterizándose de clown diante deles dun xeito didáctico e moi divertido, con elementos que sacará da súa maleta : perrucas, traxe , zapatos , maquillaxe, nariz ... "

Sesión Jam na Casa Colorida de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

sesionjamVenres 15 de Xaneiro 2016 ás 20:00 na Casa Colorida.

Rosalía de Castro 16, Nigrán. http://casacolorida.net/

Actuación en directo + Sesión Jam aberta a músicos, co grupo de Fusión Flamenco/Oriental/Jazz Infusiones Musicales (Cantabria/Galiza).

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL