Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes A dobre competición porá a proba ao C.C. Rías Baixas nesta fin de semana.

A dobre competición porá a proba ao C.C. Rías Baixas nesta fin de semana.

Correo-e Imprimir PDF
rbflores

-O Club Ciclista Rías Baixas desdóbrase para a Volta a Palencia e o autonómico de contrarreloxo.

Dúas probas das máis importantes do calendario 2015 coinciden neste final de semana. Este venres pola tarde arrinca a 50ª edición da Volta a Palencia para corredores Sub 23 e o domingo celébrase en Xinzo de Limia o Campionato de Galicia de Contrarreloxo.

O equipo do Club Ciclista Rías Baixas desdóbrase e sinala que “acode con moita ambición a estas dúas competicións”. Sen embargo, dende o club admiten que á contrarreloxo concorrerá unha “escasa nómina de efectivos”, produto da falla de medios económicos para cubrir os custes de persoal e mantementos. 

A todo isto, nesas probas de contrarreloxo en Xinzo de Limia terá lugar o debut esta tempada da multiatleta e campioa Aida Valiño vestindo as cores do Club Ciclista Rías Baixas..

A Volta a Palencia

Alejandro Santos, actual campión galego Sub 23 de fondo en estrada, será a referencia da escuadra que dirixe Marcos Serrano en terras palentinas ata o vindeiro luns. Esta prestixiosa rolda de catro etapas, que tradicionalmente reúne unha participación de luxo, presenta un percorrido ideal para escaladores. Salvo a última xornada, as tres anteriores estarán marcadas polas dificultades montañosas.

Para empezar este venres, nos 153 quilómetros con saída e chegada en Aguilar de Campoo hai catro ascensións puntuables, coa subida ao Escudo, de primeira categoría, como a máis dura.

O porriñés demostrou recientemente en voltas tan esixentes como Ávila e León os seus dotes de escalador. Estará escoltado polos ponteareanos Cristian Mota, segundo a semana pasada na terceira etapa da Volta a Toledo, e Samuel Rodríguez, terceiro na última xornada de rolda toledana. A aliñación complétana outros catro corredores galegos: Adrián Avelleira, Kevin Gómez, Álex Rodríguez e Jon Ander Tomei, os dous últimos cedidos pola formación coruñesa do Cambre Renault Caeiro.