Martes, 21 Nov. 2017

Actualizado12:46:23 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

Abertas as inscricións para a “X Marcha BTT” e o primeiro trail Concello de Nigrán 2015

Correo-e Imprimir PDF

btt-nigran-Terá lugar o 18 de outubro con saída dende o pavillón de Panxón

-O Concello organiza tamén unha ruta de sendeirismo gratuíta

A Peña Ciclista Val Miñor, en colaboración co Concello de Nigrán, organiza a X MARCHA BTT & TRAIL CONCELLO DE NIGRÁN 2015, que se celebrará o 18 de outubro con saída e chegada dende o Pavillón de Panxón (Nigrán) e que por vez primeira inclúe proba de trail.

Jose Manuel Gutiérrez estreou a súa conta de vitorias co Club Ciclista Rías Baixas en Asturias

Correo-e Imprimir PDF

Gallu-VillaviciosaA constancia de Jose Manuel Gutiérrez desde que o pasado mes de abril ingresou no proxecto do Club Ciclista Rías Baixas atopou o seu recompensa este martes en Asturias. O corredor cántabro impúxose no Circuíto Nuestra Señora del Portal en Villaviciosa ao culminar unha escapada que tivo inicio nos primeiros quilómetros desta clásica puntuable para o ranking Élite e Sub 23 da Federación Española Ciclismo. Con este triunfo, o conxunto nigranés chega lanzado á Volta a Galicia que arrinca este venres en Lugo.

Os campións de paddlesurf de España decidíronse na baía de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

paddlesurfbaionaA pasada fin de semana decidíanse en Baiona os campións de España de Stand Up Paddle (ou Paddlesurf). Malia a choiva e o vento, case un centenar dos mellores especialistas do país coincidían en que o abrigo da baía ofreceu unhas condicións perfectas para a celebración da proba e os palistas máis internacionais non defraudaron levándose todas as medallas.

Con gran éxito celebrouse o I Torneo Internacional de Baloncesto organizado polo CB Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

cb-nigran-torneo-internacionalDurante toda a fin de semana tivo lugar no Pavillón de Panxón o I TORNEO INTERNACIONAL de baloncesto organizado polo CB Nigrán. Os clubs de Gica, Pavillón Ourense, Redondela , colexio Mariano e o club anfitrión encheron a mañá de baloncesto disputando diferentes encontros na categoría infantil.

Comeza o I Torneo Internacional de Baloncesto organizado polo C.B. Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

cbNigran-torneo-intenacional-2015O pavillón de Panxón acolle esta fin de semana o I Torneo Internacional de Baloncesto organizado polo C.B. Nigrán en colaboración co Concello de Nigrán.
Preto de 200 xogadores daranse cita no evento, entre eles diferentes equipos do Club Águeda Básket de Portugal

O CB Nigrán dá comezo aos adestramentos de baloncesto para cativos de 4 a 10 anos.

Correo-e Imprimir PDF

cbnigranpequenosO mércores comezaron os adestramentos para o equipo de iniciación do CB Nigràn . Un grupo de nenos de idades comprendidas entre os catro e os dez anos que queren iniciarse na práctica deste deporte.

Jose Manuel Gutiérrez do Rías Baixas, logrou a sétima praza na xeral final da Volta a Cantabria

Correo-e Imprimir PDF

Cantabria-equipoJose Manuel Gutiérrez subiu este xoves ao podio final da Volta Cantabria como mellor corredor da terra tras acabar no Top 10 da xeral. O corredor santanderino, sétimo na clasificación definitiva, e Aser Estévez, undécimo, foron dous dos nomes propios da terceira e última etapa desta rolda. Unha xornada que resultou tan decisiva como se esperaba e na que Samuel Rodríguez non puido manter a súa maillot de líder da montaña.

Inscricións abertas para participar na XVI Marcha Cicloturista Concello de #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

gondo-ciclo-turista2Foi presentada a XVI Marcha Cicloturista Concello de Gondomar que se celebrará o próximo domingo día 6 de setembro, á cal asistiron o alcalde Francisco Ferreira, a concelleira de Cultura e Deportes Nuria Lameiro, o presidente do Clube Ciclista Gondomar Roberto Soleiro e o ex ciclista Gonzalo Aguiar.

A marcha está organizada polo Clube ciclista Gondomar que tras 2 anos de parón na organización da proba, volve rexurdir cos que serán xa 16 anos realizándoa. O Clube, tamén aproveitou a ocasión para facer entrega de diplomas e trofeos aos máis novos.

Un bo marco de público acompañou a concentración aerodeportiva en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

IMG 9158Álvaro González Cameselle (1º), Javier Miguelez Martínez (2º) e José Manuel Novoa (3º) consagráronse no III Campionato Galego de Grandes Maquetas de Radiocontrol que tivo lugar no marco da concentración aerodeportiva desta mañá en Panxón.

O xurado da competición valorou a similitude da construción co orixinal e a súa limpeza e estilo de voo. Estas réplicas (arredor de 20) superan os 2 metros de envergadura e poden dispoñer de diferentes tipos de motorización, dende queroseno, gasolina a electricidade.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL