-Terá lugar o 18 de outubro con saída dende o pavillón de Panxón
-O Concello organiza tamén unha ruta de sendeirismo gratuíta
A Peña Ciclista Val Miñor, en colaboración co Concello de Nigrán, organiza a X MARCHA BTT & TRAIL CONCELLO DE NIGRÁN 2015, que se celebrará o 18 de outubro con saída e chegada dende o Pavillón de Panxón (Nigrán) e que por vez primeira inclúe proba de trail.
As inscricións xa están abertas na web https://championchipnorte.com e pecharanse o día 14 de outubro (agás que se acade antes o número máximo de participantes). A idade mínima é de 16 anos e o prezo é de 9 € (inclúe seguro) debéndose facer o ingreso a favor da Peña Ciclista Val Miñor e sempre indicando número de DNI do participante na seguinte conta: ABANCA: ES0420805052173000157065. Débese presentar a copia do ingreso o día da marcha e envialo por mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . O límite máximo de participantes e 500 para BTT e 200 para Trail. A organización anima a traer ao evento 1 quilogramo de alimentos non perecedeiros destinados a Caritas-Ramallosa.
A saída de BTT será ás 09:15 horas, dende o Pavillón de deportes de Panxón para facer un percorrido duns 40 Kms por pistas forestais dunha dificultade media-alta que atravesarán parroquias como Camos, Chandebrito ou Parada. Esta marcha alcanza unha altitude máxima de 395 metros e o punto de maior desnivel ten unha pendente dun 25,8%. Enn condicións normais, débese facer entre 4 e 3 horas e media.
Pola súa banda, a saída de Trail será ás 09:45 horas tamén dende o Pavillón para facer un percorrido duns 20 Kms. Trátase dunha ruta cunha dificultade media e perfectamente realizable que transcurre polos montes das parroquias de Parada, Vilaza, Camos... O percorrido alcanza unha altitude máxima de 362 metros e o punto de maior desnivel ten unha pendente dun 34%. En condicións normais, deberase facer entre 3 e 2 horas e media.
Para aqueles que o desexen o Concello de Nigrán organiza una actividade de sendeirismo coincidindo coa celebración da marcha. Sairase do Pavillón de deportes de Panxón as 9:00 para percorrer a ruta da "praia dos afogados", 8 kilometros de dificultade media-baixa para a que se estiman unhas 3 horas e media.
Máis información no blogue: http://marchanigran.blogspot.com.es/