Ducias de cativos e as súas familias participaron xunto cos monitores do peche do II Campus de Fútbol "As Cercas". No acto recibiron de man do alcalde Francisco Ferreira un diploma acreditativo da participación nestas aulas deportivas do verán.
Deportes
O 7º Open de Tenis #Gondomar superará a marca histórica de participantes no torneo.
Máis de 100 tenistas afeccionados participarán da 7ª edición do tradicional Open de Tenis Concello de Gondomar. Así o informa o Club Tenis Gondomar, organizador do evento. A directiva salienta a alta participación neste ano, todo un record en materia de inscricións. As competencias se desenvolverán nas categorías Absoluta masculina e feminina e Infantil masculina e femina.
Próximo a 80 participantes acada o Campus Multideportes de #Baiona
A actividade acadou case un centenar de participantes nesta edición 2015. Nenas e nenos de entre 4 e 13 anos formaron parte destas aulas deportivas que coordina no verán o Pavillón de Deportes de Baiona e a Concellaría de Deportes.
#Baiona quere acadar os 3.000 participantes na 31ª edición da popular “Andar e Correr”.
A popular carreira pedestre Andar e Correr chega a súa 31ª edición. A concellaría de Deportes de Baiona quere acadar o interese de veciños e visitantes para este ano cumprir o soño dos 3 mil participantes. A proba, deseñada para todo público, ten unha lonxitude de 10 quilómetros. A proba terá lugar o domingo 23 de agosto. As inscricións poden realizarse no portal da competencia.
O Club Ciclista Rías Baixas concorre por primeira vez á Volta a Toledo
Por primeira vez nos seus tres anos competindo na categoría Élite e Sub 23 o Club Ciclista Rías Baixas formará parte do pelotón da Volta a Toledo, que nesta edición celebra as súas vodas de ouro.
A organización desta proba dirixida por Federico Martín Bahamontes invitou esta tempada ao conxunto de Nigrán debido á sobresaliente imaxe ofrecida polos seus corredores nos últimos meses polas estradas de toda España e Portugal. A primeira das catro etapas das que consta esta rolda disputarase mañá sábado pola mañá e a escuadra miñorana preséntase cos seus dous xefes de filas: Aser Estévez e Jose Manuel Gutiérrez.
#DeportesBaiona bota andar a 7ª Subida Cicloturista “A Groba”.
Será o sábado 22 de agosto con saída ás 11 da mañá dende o Pavillón Municipal. A partida en competencia se fará na Virxe da Roca con meta no Alto da Groba. Inscricións abertas no Pavillón de Deportes de Baiona.
O Rías Baixas asegura a participación dos seus deportistas estrelas un ano máis
O Club Ciclista Rías Baixas reafirma a súa aposta polos corredores novos e da terra coa ampliación de contrato de catro compoñentes do persoal en idade Sub 23. Alejandro Santos, David Pérez, Samuel Rodríguez e Cristian Mota renovaron o seu vinculación co proxecto presidido por José Luís Chamorro e seguirán vestindo as cores da entidade de Nigrán no ano 2016. Este acordo sumar ao alcanzado fai un mes con Marcos Serrano para que continúe como director deportivo.
Calendario completo para descargar cos partidos do XX Torneo Basket 3x3 de # Baiona
A Concellaría de Deportes de Baiona deu coñecer o calendario completo que rexerá as distintas categorías do XX Torneo Basket 3x3 a desenvolverse os días venres 7 e sábado 8 nas instalacións abertas de A Palma.
Inscricións abertas para o XIII Torneo de Pesca Deportiva Infantil de #Baiona
O presente torneo nace a través do curso de iniciación á Pesca Deportiva que se está a desenvolver no concello de Baiona, e vendo o éxito e acolleita tanto nos participantes como nos seus pais a administración quere ofrecer continuidade ao mesmo.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL