Xoves, 23 Mar. 2017

Actualizado05:00:34 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

#Gondomar: O equipo de Muebles San Benito acada o torneo de fútbol de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

11011902 1597076687221554 7745536182551488930 nO alcalde Francisco Ferreira e a concelleira de Cultura, Deportes e Igualdade, Nuria fixéronse presentes pola mañá á entrega de premios trala finalización do torneo de fútbol 7 organizado na parroquia de Morgadáns.

#Baiona desexa boa sorte a Omar Rodríguez no Campionato de Europa de Loitas Olímpicas

Correo-e Imprimir PDF

RumaniaO Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e o concelleiro de Deportes, Anxo Rodal, recibiron esta mañá na Casa Consistorial ao deportista baionés Omar Rodríguez para desexarlle sorte na súa participación no Campionato de Europa de Loitas Olímpicas.

#Baiona recoñece a traxectoria de Marta Canella Rodríguez campioa sub 20 no europeo de baloncesto.

Correo-e Imprimir PDF

marta canella-O Concello de Baiona galardoa a Marta Canella Rodríguez tras gañar o Campionato Europeo sub-20 xunto á selección española feminina

Viguesa de nacemento pero baionesa de corazón, a xogadora de baloncesto recibía de mans do alcalde de Baiona un galardón tras facerse, o pasado 12 de xullo en Lanzarote, co Campionato Europeo Ou20 Feminino de Baloncesto.

Canella comezou o seu andadura no baloncesto na tempada 2004 da man do CB Airexa. Alí xogou uns dous anos e enganchouse a este deporte, aínda que nese tempo tamén xogaba ao fútbol en Ureca, agora a ED Val Miñor. Finalmente ficou no baloncesto e foise para o CB Baiona. A xogadora deu moitas tardes de gloria ao equipo baionés ata que cumpriu 14 anos e incorporouse ás filas do Celta, equipo no que xoga desde entón e co que renovou un ano máis.

A Deputación de Pontevedra subvencionará as Escolas Deportivas Municipais con 142 mil euros.

Correo-e Imprimir PDF

Escolas-deportivasA Deputación de Pontevedra dispuxo unha partida de 142 mil euros para subvencionar as escolas deportivas municipais na tempada 2014-2015. As bases da convocatoria, publicadas no boletín oficial da provincia deste mércores, fixa o regulamente e procedemento de concesión desta subvencións, en réxime de concorrencia competitiva.

#Nigrán despide ao lanzador de martelo Pablo Denis antes da súa marcha ao Campionato de España de Atletismo

Correo-e Imprimir PDF

Denis1O alcade de Nigrán, Juan González, e o concelleiro de Deportes Luís Sanromán recibiron hoxe no Concello a Pablo Denis, deportista de elite de Priegue e operario municipal que o venres parte cara a Castellón para participar nos Campionatos de España de Atletismo na modalidade de lanzamento de martelo.

No acto estivo tamén presente José Miguel Brandón, xerente do ximnasio Plaza Fitness co que, grazas a mediación do Concello, o mozo de 24 anos acaba de asinar un acordo de patrocinio que lle permitirá adestrarse neste espazo sen necesidade de trasladarse a Vigo ou desembolsar cartos do seu peto.

Os tres desexáronlle a mellor das sortes e o alcalde entregoulle unha camiseta co emblema de Nigrán. "É un orgullo para Nigrán contar con estes deportistas de elite e o Concello ten que estar sempre ao seu lado para axudalos e apoialos, engadiu González".

O Club Ciclista Rías Baixas remata con éxito a súa actuación en terras portuguesas.

Correo-e Imprimir PDF

LousadaO Club Ciclista Rías Baixas volveu brillar no Circuíto Festas de Lousada. Si fai un ano logrou nesta clásica portuguesa a primeira vitoria da súa historia na categoría Élite e Sub 23, nesta ocasión situou a dous dos seus representantes entre os seis primeiros. Aser Estévez obtivo a quinta posición e Samuel Rodríguez a sexta. Ademais, Cristian Mota tamén acabou no grupo cabeceiro.

O CB Nigrán pecha o seu campus deportivo nun acto de clausura no Pavillón de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

IMG-20150724-WA0029O alcalde de Nigrán Juan González e a tenente alcalde e concelleira de economía Raquel Giráldez clausuraron hoxe no pavillón de deportes de Panxón o campus deportivo que o CB Nigrán organizou en colaboración co Concello.

No acto de clausura, á que tamén asistiu o presidente do CB Nigrán Pablo Vilas, fíxose entrega a todos os nenos e nenas dun diploma acreditativo e un obsequio para os profesionais que responsables das diferentes actividades do campus. Cinco días en horario de 10 a 14 horas nos que se desenvolveron diferentes actividades deportivas e diferentes talleres dirixidas por profesionais expertos en diferentes campos, adestradores superiores, licenciados en INEF, médicos , profesores e coordinadores de tempo libre .

O VI San Fiz de bolos celtas reunirá aos mellores xogadores do Val Miñor e Baixo Miño.

Correo-e Imprimir PDF

bolos-celtasA Sociedade Deportiva Bolos do Ceán organiza este fin de semana co patrocinio do Concello de Nigrán o 'VI Torno San Fiz Bolos Celta', que terá lugar no xogo de bolos do Ceán (Nigrán). O campionato, no que participan cerca de un cento de xogadores dunha quincena de equipos federados do Val Miñor e Baixo Miño, arranca o sábado ás 15.30 horas coa primeira fase, que está previsto que se dilate ata a media noite. Ao día seguinte, domingo 26, disputarase a fase final dende as 09.00 horas ata as 13.30 horas.

Os seareiros celtistas da “Arribada Celeste” organizan un torneo solidario este sábado en #Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

tumblr inline nru2tbcTSx1sjafhv 500Este sábado terá lugar o III Memorial Jaime Vilar Estévez cun torneo de fútbol 7 no campo do Aral, organizado pola peña baionesa do Real Celta de Vigo "Arribada Celeste". O seu presidente, Víctor Rodríguez Iglesias, informa que ademais de fútbol terá lugar unha recollida de alimentos non perecedoiros para a ONG baionesa "Ayuda al mundo necesitado" e coa protectora miñorana Baisenpulgas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL