Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

O VI San Fiz de bolos celtas reunirá aos mellores xogadores do Val Miñor e Baixo Miño.

Correo-e Imprimir PDF

bolos-celtasA Sociedade Deportiva Bolos do Ceán organiza este fin de semana co patrocinio do Concello de Nigrán o 'VI Torno San Fiz Bolos Celta', que terá lugar no xogo de bolos do Ceán (Nigrán). O campionato, no que participan cerca de un cento de xogadores dunha quincena de equipos federados do Val Miñor e Baixo Miño, arranca o sábado ás 15.30 horas coa primeira fase, que está previsto que se dilate ata a media noite. Ao día seguinte, domingo 26, disputarase a fase final dende as 09.00 horas ata as 13.30 horas.

Os seareiros celtistas da “Arribada Celeste” organizan un torneo solidario este sábado en #Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

tumblr inline nru2tbcTSx1sjafhv 500Este sábado terá lugar o III Memorial Jaime Vilar Estévez cun torneo de fútbol 7 no campo do Aral, organizado pola peña baionesa do Real Celta de Vigo "Arribada Celeste". O seu presidente, Víctor Rodríguez Iglesias, informa que ademais de fútbol terá lugar unha recollida de alimentos non perecedoiros para a ONG baionesa "Ayuda al mundo necesitado" e coa protectora miñorana Baisenpulgas.

Alejandro Santos do Rías Baixas entra no Top 10 da primeira cita montañosa da Volta a León

Correo-e Imprimir PDF

alex leonO xefe de filas do Club Ciclista Rías Baixas na Volta a León aguantou cos elixidos no primeiro contacto serio coa montaña. Alejandro Santos ocupou a décima posición ao termo da etapa entre La Bañeza e La Baña, de 125 quilómetros con catro ascensións puntuables. O actual campión galego Sub 23 sobe ata o undécimo posto na xeral a falta de dúas xornadas para o final.

Caída na primeira etapa da Volta León provoca fractura de clavícula ao defensor miñorán David Pérez

Correo-e Imprimir PDF

franzuritaArranque para esquecer do Club Ciclista Rías Baixas na Volta a León. David Pérez fracturouse a clavícula tras verse involucrado nunha caída nos primeiros quilómetros desta xornada con saída en Cembranos e chegada en Calzada de Coto. Samuel Rodríguez tamén caeu, pero puido continuar. O vento xogou un papel fundamental durante toda a etapa. Cristian Mota, 37º a 56 segundos do ganador Francesc Zurita (Infisport), foi o mellor clasificado do conxunto miñorano.

Alejandro Santos lidera ao Club Ciclista Rías Baixas na Volta a León

Correo-e Imprimir PDF

Alex-galegoCunha aliñación composta integramente por corredores galegos, o Club Ciclista Rías Baixas participará a partir de mañá martes na Volta a León. Alejandro Santos, vixente campión autonómico Sub 23, exercerá de xefe de filas do conxunto que dirixe Marcos Serrano nesta competición reservada para menos 25 anos.

Hugo Ribeiro e Ana Pérez García-Picher gañan na V travesía a nado Costa Serena

Correo-e Imprimir PDF

Ganadora-800-Ana-PErez-Garcia-PicherPreto de 500 nadadores do Noroeste peninsular, con idades entre os 5 e 72 anos, participaron o domingo na competición celebrada en Praia América, Nigrán. Hugo Ribeiro e Ana Pérez García-Picher gañan na V travesía a nado Costa Serena nas probas de 4.000 e 800 metros, respectivamente

Desenvolveuse o campus de ciclismo de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

campus-ciclismo-baiona1O pasado luns 6 de xullo deu comezo campus de ciclismo de verán organizado polo Concello de Baiona e a entidade financeira La Caixa. Nesta edición alcanzouse os 37 inscritos, o maior número dende que se desenvolve esta actividade.

Máis de 500 nadadores participarán da proba Costa Serena – Concello de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

COSTA SERENAA V edición da travesía a nado Costa Serena-Concello de Nigrán bate este ano todas as marcas de participación con preto de 500 nadadores inscritos entre as catro probas que se disputarán. Consolídase así como unha das travesías de longa distancia por excelencia de Galicia e con maior afluencia de nadadores da comunidade. A proba organizada por unha empresa privada, conta coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra. A mesma terá lugar o próximo 12 de xullo no Lourido e contará coa presenza de nadadores procedentes de toda Galicia, Asturias e Portugal, con idades comprendidas entre os 5 e os 70 anos. "Queremos continuar esta boa relación e que a celebración da proba consolídese en Nigrán, porque é moi importante para poñer en valor o municipio", destacou o alcalde Juan González durante a presentación do evento.

O baionés Adrián Valverde representará a Galicia nos campionatos de España de BTT

Correo-e Imprimir PDF

valverdeA Federación Galega de Ciclismo convocou ao baionés Adrián Valverde para participar na carreira Sub 23 do Campionato de España de BTT que se celebrará o domingo 19 de xullo en Valladolid. O corredor do Club Ciclista Rías Baixas competirá no circuíto do Cerro de las Contiendas cos mellores especialistas do país na disciplina de XCO (cross country olímpico).

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL