Os dous xefes de filas do Club Ciclista Rías Baixas repetiron no GP Anicolor a boa imaxe ofrecida o día anterior en Mortágua. Jose Manuel Gutiérrez terminou no posto 35 a 43 segundos do vencedor e Aser Estévez entrou sete segundos máis tarde ocupando a posición número 40.
Deportes
Os grandes do baloncesto galego déronse cita no campus infantil de #Baiona.
Ruben Vieira, Marta Canella, Ángel Navarro e Rebeca Navarro estiveron presentes no campus de baloncesto que desenvolveuse no Pavillón de Deportes de Baiona entre o 10 e o 14 de agosto.
Próximo a 30 cativos daranse cita no campus de ximnasia rítmica en #Baiona
Preto de 30 nenos e nenas participarán, dende o vindeiro luns 17 de agosto, no tradicional Campus de Ximnasia Rítmica de Baiona que, con esta, chega xa a súa quinta edición. O campus estará impartido por dúas adestradoras tituladas pola Real Federación Española de Ximnasia Rítmica, con experiencia en competicións oficiais.
O Club Ciclista Rías Baixas volveu rozar a vitoria na última etapa da Volta a Toledo
Espectacular desenlace da Volta Ciclista a Toledo co Club Ciclista Rías Baixas quedándose de novo co mel nos beizos. Samuel Rodríguez e José Manuel Gutiérrez formaron parte da escapada de nove corredores que provocou un terremoto nos primeiros postos da xeral. O ponteareno terminou terceiro e o cántabro sexto na liña de meta de Zocodover, onde a Fundación Euskadi asinou un dobrete na etapa e na clasificación final. O conxunto de Nigrán foi o segundo mellor equipo da xornada.
“A correr”: O Nigrán Area congregará a milleiros de deportistas e afeccionados nos areais do municipio.
O domingo 16 de agosto volve unha das carreiras máis clásicas do verán galego, organizada pola Sociedade Atlética Val Miñor xunto co Concello de Nigrán.
A carreira dará comezo ás 10:30 horas. O prazo para inscricións remata este mércores 12 de agosto ás 23:59 horas. As categorías cadetes e pitufos deben anotarse na na oficina de turismo de Praia América ou na Piscina Mancomunada da Ramallosa. O resto na web da carreira. Poden participar atletas federados e non federados. A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo.
O Areixa de #Nigrán e o C.B. #Baiona inician un proxecto deportivo conxunto.
Dous clubs cunha amplísima traxectoria no baloncesto do Val Miñor, o C.B. Baiona e o C.B. Airexa de Nigrán, deciden unir as súas forzas.
Froito desta unión crearanse 4 equipos (Airexa-Baiona ou Baiona-Airexa) nas categorías Cadete Masculino, Cadete Feminino, Junior Masculino e Junior Feminino.
Cristian Mota do Rías Baixas finaliza segundo na 3ª etapa da Volta a Toledo
A exhibición de combatividade do Club Ciclista Rías Baixas na terceira xornada da Volta Ciclista a Toledo estivo a piques de ter premio. Cristian Mota ocupou a segunda posición na liña de meta de Villarrubia de Santiago, tras 141 quilómetros de percorrido con tres ascensións puntuables, dúas delas de primeira. O corredor ponteareano, debutante esta tempada na categoría Élite e Sub 23, só foi superado polo experimentado arxentino Jorge Montenegro (Aluminios Cortizo).
Aser Estévez do Rías Baixas queda a 13” do líder na xeral trala 2ª etapa da Volta a Toledo.
Frenética segunda etapa na Volta a Toledo con protagonismo para Aser Estévez. O xefe de filas do Club Ciclista Rías Baixas foi un dos oito integrantes da escapada que liderou a carreira durante 50 quilómetros. O grupo principal capturou a fuga no tramo final e o guardés entrou en meta a 13 segundos do ganador, o francés Maurelet (Blagnac). Os 145 quilómetros entre Camarena e Guadamur cubríronse en 3 horas e 5 minutos, é dicir, a unha media de 47 kms/hora.Â
Tres ciclistas do Rías Baixas terminan no pelotón cabeceiro da primeira etapa da Volta a Toledo
Tres representantes do Club Ciclista Rías Baixas finalizaron a primeira etapa da Volta a Toledo, de 124 quilómetros entre Ocaña e Consuegra, co mesmo tempo que o ganador Kevin Suárez (Gomur). Aser Estévez, Cristian Mota e Alejandro Santos entraron no grupo principal de 65 corredores que se xogou a vitoria no sprint.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL