Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Presentan o XV Torneo Aberto Internacional Concello de Gondomar de tenis de mesa.

Presentan o XV Torneo Aberto Internacional Concello de Gondomar de tenis de mesa.

Correo-e Imprimir PDF
PING-PONG

Hoxe tivo lugar a presentación do XV Torneo Aberto Internacional Concello de Gondomar de tenis de mesa.

O torneo celebrarase este fin de semana (19 e 20 de setembro) no pavillón de deportes de Gondomar e aproximadamente participarán uns 200 deportistas.
Organizado pola A.D. Vincios e patrocinado polo concello de Gondomar, o torneo contará coa participación de diferentes categorías comprendidas dende benxamíns ata veteranos que participarán o sábado.

O domingo será a quenda da categoría absoluta na que os mellores deportistas da comunidade e outros vindos de clubs de Portugal mediranse no torneo. Cabe destacar que entre os equipos da comunidade galega atópanse deportistas estranxeiros de alto nivel neste deporte.
Tamén haberá un apartado para que afeccionados ao tenis de mesa poidan participar nunha competición creada especificamente para eles.