Mércores, 12 Dec. 2018

Actualizado11:03:00 AM GMT

Estás en Canais Deportes O torneo de tenis-praia de Panxón acada un récord autonómico de participantes na disciplina.

O torneo de tenis-praia de Panxón acada un récord autonómico de participantes na disciplina.

Correo-e Imprimir PDF
tenis-praia-panxon

Cun récord de 60 inscritos o torneo de tenis praia de Panxón dará inicio pese os prognósticos de choiva.

Serán 30 parellas de toda Galicia as que competirán dende este venres na 3ª edición do AGTP de tenis-praia de Panxón. Todo un récord de participación segundo dá coñecer a organización deste torneo que terá inicio este venres ás 16 horas. Mas os prognósticos meteorolóxicos para a fin de semana fan que o calendario estipulado inda teña carácter provisional pois en caso de choivas terían lugar variacións.

60 tenistas participarán na absoluta.

O terceiro torneo de tenis-praia AGTP organizado polo Concello de Nigrán e a Asociación Galega de Tenis Praia arranca este venres ás 16.00 horas no areal de Panxón con récord de participación en toda a comunidade e no municipio.

Un total de 60 persoas de categoría absoluta (dende 15 anos) competirán en parellas nas modalidades mixta, feminina e masculina ata o domingo sempre e cando non chova.

“Apostamos por fomentar o deporte entre a veciñanza e este tipo de competicións animan a moita xente a participar e a facerse afeccionados, así é que cada ano se inscriben máis persoas”, comenta o alcalde, Juan González.

Calendario da competición

A competición desenrolarase cun sistema de grupos que permitirá os máximos enfrontamentos entre parellas e, finalmente, serán premiados o campión e subcampión de cada modalidade. Os horarios das competicións pódense consultar en www.agtenisplaya.es,  xa que de preverse choivas adiantarase os partidos. Se prima o bo tempo as finais serían o domingo pola tarde.

Como se xoga?

O tenis praia, denominado internacionalmente beach tennis, é unha modalidade deportiva que xurde da fusión entre os deportes de raqueta e os deportes de praia. Basicamente as regras son iguais que no tenis pero se disputa cunhas palas semellantes ás de pádel, unha pelota especial e a rede a unha altura de 1,70 metros.