Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Baiona acollerá en setembro un triatlón a beneficio da escola de velas adpatada do Club de Yates.

Baiona acollerá en setembro un triatlón a beneficio da escola de velas adpatada do Club de Yates.

Correo-e Imprimir PDF
triatlon

Baiona acollerá o próximo 12 de setembro un triatlón a beneficio da escola de vela adaptada do  Monte Real Club de Yates. A actividade contará coa colaboración do concello de Baiona e a Federación Galega de Triatlón.

Trátase dunha competición deportiva que terá o deseño dun triatlón sprint e incluirá tres probas de natación, ciclismo e carreira a pé que se desenvolverán na bahía de Baiona e en varias rúas da vila mariñeira. Os participantes deberán completar 750 metros a nado, 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros correndo.

A cota de inscrición é de 25 euros, e todo o diñeiro que se recade irá destinado integramente á Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates, que desde fai anos presta servizo a diversas asociacións de persoas discapacitadas de Galicia.

O prazo de inscrición está aberto a través da web da Federación Galega de Triatlón. Haberá varias categorías xerais e unha categoría especial para os empadronados no Concello de Baiona.

Os primeiros clasificados absolutos masculino e feminino recibirán, como premio, un seguro anual para automóbil por cortesía de Verti Seguros; e entre todos os participantes sortearanse, ademais, outros oito seguros.