Mércores, 12 Dec. 2018

Actualizado11:03:00 AM GMT

Estás en Canais Deportes O CB Nigrán volve a Cangas ao torneo de baloncesto “Festas do Cristo”

O CB Nigrán volve a Cangas ao torneo de baloncesto “Festas do Cristo”

Correo-e Imprimir PDF
CBnigran1
CBnigran2
CBnigran3
CBnigran4
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

Un ano máis o CB Nigrán foi invitado polo Club de Baloncesto Defensores do Morrazo a participar no Torneo Festas do Cristo de Cangas. Nesta ocasión o CB Nigrán desprazouse a Cangas co equipo de Minibasket ( baby, benxamines e alevíns) pertencente ás escolas deportivas que o club teñen no CEIP Carlos Casares de Vilariño.

O devandito Torneo desenvolveuse no Pavillón do CEIP San Roque de Cangas que se encheu coas diferentes afeccións. A expedición nigranense viaxou cunha bo numero de pais e nais que acompañaron ao equipo animándoos en todo momento desde a grada.

No acto de clausura o presidente delegado da Fundación Cangas Deporte, Xoán C. Chillón Igrexas e o director deportivo do CB Defensores do Morrazo, Jose Luís Mejuto , fixeron entrega aos membros da AMPA do CEIP Carlos Casares dun Trofeo conmemorativo.

Este evento supón o pistoletazo de saída á pretempada que o CB Nigrán comeza a próxima semana cos adestramentos dos seus equipos federados tanto no Pavillón como no CEIP de Panxón.