Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes XXIX edición da Festa da Bicicleta do Val Miñor

XXIX edición da Festa da Bicicleta do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
Festa da bicicleta 2018

O vindeiro xoves día 17 de Maio os concellos do Val Miñor organizan unha nova edición da festa da bicicleta, sendo este ano a edición nº XXIX.
As saídas dos ciclistas están previstas desde a praza do concello en Nigrán ás 11.30h, Praza do concello en Gondomar ás 11.00 h e  Parque da Palma ás 10:15h


O percorrido previsto para o ciclo turistas é:

 

  •  Baiona > Gondomar > Baiona (para os de Baiona).
  •  Nigran > Baiona > Nigrán (para os de Nigrán).
  • Gondomar > Baiona > Gondomar (para os de Gondomar).

O obxectivo desta marcha ciclista non é outro máis que fomentar a práctica deportiva. O único requisito e ter máis de 7 anos e estar capacitado para facer 15 Km. en bicicleta .

Entregaranse á totalidade de participantes un pequeno avituallamento para repor forzas e sorteásense bicicletas e moitos agasallos entre todos os asistentes.
A novidade do presente ano será que se montará no parque da Palma unha Gymkhana a partir das 11.00 h por parte para os máis pequenos, e así desta maneira que todos os críos independentemente á idade, poidan participar do día da Bicicleta no Val Miñor.

Para garantir a seguridade dos ciclistas ponse en marcha un dispositivo policial común para todo o Val Miñor así como outro paralelo de Protección Civil Val Miñor para asegurar ao máximo a seguridade dos pelotóns.