Domingo, 28 Maio. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Canais Deportes Escolares de Gondomar e Nigrán participarán do torneo de baloncesto “Xogando pola Igualdade”.

Escolares de Gondomar e Nigrán participarán do torneo de baloncesto “Xogando pola Igualdade”.

Correo-e Imprimir PDF
BADEN-BALON-MANOS

O Club de Baloncesto Nigrán, en colaboración co Concello de Gondomar e a Concellería de Deportes, organizan un torneo de baloncesto infantil baixo o lema "Xogando pola igualdade". O mesmo desenvolverase este fin de semana, 18 e 19 de xuño, en Gondomar no pavillón municipal segundo comunica a edil de Deportes Nuria Lameiro.

"O obxectivo deste torneo é que os nenos e nenas xoguen e compartan a pelota en prol de visibilizar a igualdade no deporte", sinalan dende a concellaría.

O 18 pola maña, de 10:00h. a 13:00h., terá lugar unha xornada de portas abertas para os colexios de Gondomar e Nigrán. Faranse equipos mixtos para xogar por cursos e categorías, e cada equipo levará o nome dunha muller deportista relevante. Pola tarde comezará o torneo, de 16:30h. a 18:00h. xogará a categoría "baby", e de 18:20h. a 20:00h. a categoría benxamín.

O día seguinte, domingo 19, as 11:00h. xogará a categoría alevín, e pola tarde, ás 17:00h. a categoría junior. O evento contará coa entrega de premios por parte do alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, a concelleira de deportes e algunhas mulleres destacadas no mundo do deporte.

Nesta iniciativa participan colexios da Área Metropolitana. De Gondomar o CEIP Chano Piñeiro, o Souto-Donas, o Serra-Vincios e o Neira Vilas.
De Nigrán, o CEIP Humberto Juanes, o Carlos Casares, o Cruz Camos e o CPI Panxón. Por último, de Vigo participará o colexio Divino Salvador e o Club de Baloncesto Rías Baixas