Luns, 20 Maio. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes XXX Festa da Bicicleta do Val Miñor

XXX Festa da Bicicleta do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
ciclismo

17 de maio, Día das Letras Galegas, os Concellos do Val Miñor, Nigrán, Gondomar e Baiona, celebrarán a edición número XXX da xa tradicional Festa da Bicicleta.

Os participantes sairán de Nigrán, dende o Pavillón de Panxón ás 10:00h dirección Gondomar, onde xuntaranse cos participantes ás 11 na praza do Concello de Gondomar.

Ás 11h sairán en paralelo de Baiona (Parador) con destino a Ramallosa, onde reuniranse todos os participantes de todos os concellos na alameda de San Campio. Ramallosa
E todos xuntos partirán cara ao Pavillón Municipal de Panxón, onde se lles entregará un pequeno avituallamento e celebrarase o sorteo de regalos.

A XXX Festa da Bicicleta do Val Miñor é unha marcha cicloturista aberta ao público en xeral, na que se poderá participar a partir dos 7 anos. O obxectivo principal deste evento é o de fomentar a práctica deportiva de todos os cidadáns mentres te divertes coa túa familia, amigos ou veciños.

As inscricións realizaranse o mesmo día do evento 40 minutos antes da saída nos puntos de inicio da marcha.
No caso de Nigrán, as inscricións realizaranse entre as 9:00 e as 9:45h co fin de garantir a saída puntual cara Gondomar.