Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Fútbol solidario: 450 kg de alimentos acadou o torneo de fútbol sala do Panxón-Nigrán F.S.

Fútbol solidario: 450 kg de alimentos acadou o torneo de fútbol sala do Panxón-Nigrán F.S.

Correo-e Imprimir PDF
alimentos-panxon-nigran-fs

Durante o pasado fin de semana 17-18 e 19 realizar no Pavillón Municipal de Panxón en Nigrán se celebrou a e coa colaboración do Concello de Nigrán.

O Torneo desenvolveuse en categorías Minis-Prebenxamin-Benxamin-Alevín e Infantil cun total de 29 equipos pertencentes ao equipo local Panxón-Nigrán F.S. e a 9 equipos invitados procedentes de Baiona,Vigo e Redondela sumando un total de máis de 300 nenos de entre 3 e 13 anos, 29 horas de futbol-sala en 43 partidos.

Durante as distintas fases do torneo se realizou entrega de medallas a todos os participantes e trofeos aos finalistas e premios á deportividade.Os trofeos e medallas foron doados polo Concello de Nigrán e na entrega dos mesmos estiveron presentes Juan González, alcalde de Nigrán, Luís Sanromán,concelleiro de deportes e varios patrocinadores do Panxón-Nigrán F.S.

Paralelamente ao torneo deportivo o Panxón-Nigrán F.S realizou unha campaña de recollida de alimentos desde o dia 6 de Xuño ata a finalización de torneo.

A inscrición dos equipos participantes consistía na achega de alimentos ao que se sumou as achegas dos veciños e a colaboración dos patrocinadores os cales foron puntos de recollida de alimentos.

A campaña pechouse cun total de 450 kg de alimentos recolleitos,50 dos cales se entregaron a Cáritas Nigrán e os 400 restantes aos servizos sociais do Concello de Nigrán.

A xunta directiva do Panxón-Nigrán agradeceu a colaboración do Concello de Nigrán, patrocinadores, socios, pais e equipos convidados "sen os cales o éxito de organización e participación non seria posible."