Venres, 29 Sep. 2023

Actualizado07:21:59 AM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

#Nigrán participa nun curso sobre xestión de residuos organizado pola Universidade de Navarra.

Correo-e Imprimir PDF

Curso NavarraÁs xornadas acude o edil de Medio Ambiente, único representante do Val Miñor na expedición organizada pola Deputación

O Concello de Nigrán participa no curso de verán organizado pola Universidade Pública de Navarra en Alsasua (País Vasco) "Hacia la economía circular" mediante a presenzaa nel do seu edil de Medio Ambiente, Diego García Moreira, único representante do Val Miñor.

Nigrán Decide propón dar acollida a refuxiados da guerra de Siria na Residencia de Tempo Libre de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

refugiadaSiriaAnuncian que van presentar unha moción para que o Pleno do Concello de Nigrán inste á Xunta de Galicia a que coordine unha acollida temporal nas instalacións da Residencia de Tempo Libre de Panxón.

Lembran que este recinto permanece pechado durante varios meses do ano.

Propón ao resto das agrupacións municipais "ser partícipes desta iniciativa".

O goberno socialista de Nigrán presenta acordo reclamando a derrogación da concesión do novo hospital.

Correo-e Imprimir PDF

mani saude1Sinalan que a privatización do novo hospital de Vigo cuxo financiamento e xestión adxudicouse a unha concesionaria privada integrada por empresas construtoras, multinacionais e fondos de investimento internacional multiplicou o custo final desta infraestrutura, chegando a superar os 1.350 millóns de euros para pagar en 20 anos, a pesar de que, estaba previsto inicialmente construílo pola Sociedade Pública de Investimentos (SPI) por un total de 450 millóns.

A praga de avespa asiática descontrolada despois de dous anos de advertencias.

Correo-e Imprimir PDF

Vespa velutina nigrithorax MHNT dosCharla informativa en #Nigrán.

Hai dous anos VM.info daba coñecer a presenza da vespa velutina na na bisbarra. O técnico forestal, Iago Pereira, agora concelleiro de Baiona, foi quen deu a voz de aviso tras detectar a súa presenza na Ramallosa.

O goberno de Nigrán anima á veciñanza a concorrer á manifestación a prol dun hospital “100% público”.

Correo-e Imprimir PDF

Alcalde Juan González: "Queremos un hospital 100% público"
pleno-nigran-2015Tódolos partidos da corporación agás o PP aprobaron no último pleno unha moción que denunciaba as carencias do novo centro e que ademais apoiaba a convocatoria de manifestación o 3 de setembro

O goberno de Nigrán anima á veciñanza a participar na manifestación do xoves en Vigo convocada pola Xunta de Persoal do Sergas e SOS Sanidade Pública a favor dun hospital Álvaro Cunqueiro 100% público e en contra das alarmantes deficiencias desta infraestrutura. No último pleno do Concello de Nigrán, celebrado o 30 de xullo, tódolos partidos políticos agás o PP, que se abstivo, votaron a favor dunha moción que demandaba un centro 100% público e que ao mesmo tempo incluía o apoio expreso á citada manifestación.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL