Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Os veciños de Nigrán con fillos menores de 3 anos poderán solicitar prestacións de entre 360 e 2.400€.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigranOs veciños de Nigrán poderán solicitar a prestación económica de pagamento único que convoca a Xunta de Galicia por fillo menor a cargo co fin de paliar, na medida do posible, os gastos dos primeiros anos do cativo, establecendo deducións da cota íntegra antonómica do IRPF.

NIGRÁN DECIDE solicitará un proceso participativo na elaboración dos orzamentos de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

jose cuevasNIGRÁN DECIDE, urxe ao equipo de goberno para que comece un proceso participativo para a elaboración dos orzamentos tanto cos grupos políticos como cos colectivos veciñais e, en xeral, toda a veciñanza de Nigrán.

"Aínda que estes non serían os orzamentos participativos propiamente ditos", para NIGRÁN DECIDE, "todo apoio aos orzamentos do Concello respecto ao procedemento de elaboración pasa por que sexan presentados aos colectivos veciñais nunha xuntanza para que estes podan facer as achegas que consideren".

O Concello de Nigrán urxe á Xunta a que estude a crecente erosión das dunas de Praia América

Correo-e Imprimir PDF

duna-praia-america"O curso do río está a cambiar de xeito natural modificando a súa vez o areal, polo que deben analizar a situación e tomar medidas si é que resulta preciso", explica o rexedor, Juan González

A situación foi comunicada hai más dun mes a Costas, que trasladou a responsabilidade á Xunta e Dirección Xeral de Conservación da Natureza, organismos aos que agora se dirixe o consistorio

Comezan as declaracións de empresarios polos presuntos amaños de concursos en Nigrán. #OperaciónPatos

Correo-e Imprimir PDF

Alberto Valverde y Jos lvarezO Xulgado Nº 7 de Vigo retomou este mércores os interrogatorios a empresario supostamente vinculados á trama de influencias e amaños de concursos denominada Operación Patos. A sala viguesa debía recibir hoxe a nove construtores para prestar declaración por suposta colaboración nos amaños de concursos en Vigo. Mañá xoves será a quenda para os empresarios vinculados a Nigrán, Vicente Costas e Antonio Vidal. Como parte da mesma investigación vencellada a Nigrán o martes 19 deberán declarar os empresarios Andrés Gonzalez e Miguel Alejos.

Nigrán mellora a contorna da Avenida Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

avenida minhorO Concello de Nigrán, tras ter mellorado as beiravías da avenida Val Miñor e Rosalía de Castro, acometerá o acondicionamento da zona de carga e descarga fronte ao número 7 da Avenida Val Miñor, creará unha praza para minusválidos e reparará o espazo de aparcamento. O prazo de execución destas obras é de un mes e o orzamento de 2.759,66 euros.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL