Domingo, 24 Sep. 2023

Actualizado07:21:59 AM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O TSXG reforzará o xulgado de Vigo para facer fronte á causa da "Operación Patos"

Correo-e Imprimir PDF

Rafael Louzan, Alberto Valverde e María José Bravo Bosch durante a inauguración das obras da praza do concello | Imaxe Concello de Nigrán

A Sala do Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ve "necesario" o reforzo no xulgado a cargo da causa pola 'Operación Patos', o Xulgado de Instrución número sete de Vigo, e comunicou que "en canto haxa un xuíz dispoñible, será destinado a este xulgado".

Así o comunicaron fontes do TSXG despois de que a Sala reuniuse este venres para considerar a petición da xuíza que leva a causa desta operación, que investiga os supostos delitos de prevaricación e tráfico de influencias na adxudicación de contratos e obras públicas en varios municipios e administracións.

O Concello de Nigrán retoma as homenaxes oficiais a veciños represaliados e asasinados polo franquismo.

Correo-e Imprimir PDF

vltados9A demorada estrea da película “A volta dos nove” de Antonio Cairo dará inicio este venres a unha serie de actos que en solitario ou en colaboración con asociacións civís o Concello de Nigrán promoverá en materia de memoria histórica. Continuará o sábado coa participación na homenaxe á Volta dos 9 que organiza todos os anos o Instituto de Estudos Miñoranos en Baiona. E dende alí o goberno anuncia que dará comezo unha serie de actividades na materia cara ao 2016 cando se cumpra o 80 aniversario do golpe de Estado de Francisco Franco.

O alcalde Juan González, autor de varios libros de investigación sobre a represión franquista en Nigrán e o Val Miñor,  convida “a todo o pobo a que se sume a esta merecida homenaxe aos que defenderon a liberdade e a democracia contra o fascismo” e anima a que se asista aos actos.

A Policía Local de Nigrán incauta xoias e outras pertenzas roubadas nunha finca de San Pedro.

Correo-e Imprimir PDF

xoias nigranForon detidos tres mozos de procedencia albanesa como presuntos autores do roubo de xoias e outras pertenzas depositadas en bolsos incautados por axentes da Policía Local de Nigrán.

A detención tivo lugar onte na rúa Francisca Lago, en San Pedro da Ramallosa. A identificación e posterior captura dos presuntos autores puido ter lugar grazas á colaboración cidadá, segundo dá coñecer o parte policial.

Familia en paro e con trixemelgos recibe o compromiso de apio do alcalde de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

trixemelgosO alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu hoxe a unha parella veciña de Priegue (Nigrán) que vén de ter trixemelgos. González reiterou todo o seu apoio ao pais das criaturas, Andrés Heredia e Gabriela Apaza, ambos de 26 anos e en situación de desemprego.

Os terreos de Nigrán urbanizables sen desenvolver deixarán de tributar dende 2016 como solo urbano.

Correo-e Imprimir PDF

nigran-chan-rustico-2Esta nova únese á rebaixa xa acordada entre o Concello de Nigrán e o Ministerio de Facenda de baixar o IBI urbano do 0,60 ao 0,52%

A medida afectará a 995.000 metros cadrados do municipio e suporá unha diminución para as arcas municipais de 58.000 euros.

“Farase xustiza coa veciñanza, que leva anos pagando como urbanos uns terreos que mentres non se desenvolvan son, sen lugar a dúbidas, rústicos” declara o alcalde, Juan González.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL