Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán #Nigrán participa nun curso sobre xestión de residuos organizado pola Universidade de Navarra.

#Nigrán participa nun curso sobre xestión de residuos organizado pola Universidade de Navarra.

Correo-e Imprimir PDF
Curso Navarra

Ás xornadas acude o edil de Medio Ambiente, único representante do Val Miñor na expedición organizada pola Deputación

O Concello de Nigrán participa no curso de verán organizado pola Universidade Pública de Navarra en Alsasua (País Vasco) "Hacia la economía circular" mediante a presenzaa nel do seu edil de Medio Ambiente, Diego García Moreira, único representante do Val Miñor.

Estas xornadas comezaron o martes e conclúen hoxe, e están dirixidas a axentes responsables, políticos e técnicos de administracións locais e rexionais, principalmente dentro do ámbito do medio ambiente.

O obxectivo é aprender máis sobre a xestión de residuos e a materia orgánica tomando como exemplo iniciativas desenroladas en Italia, Cataluña ou Navarra e con elo, valorar a posibilidade de implantalas en Nigrán co fin de mellorar a calidade de vida dos veciños e avanzar cara a unha economía verde e sostible.

A Deputación de Pontevedra subvenciona a participación nestas xornadas dos responsables dos diferentes municipios da provincia, así, na expedición viaxan un total de 45 persoas -catro alcaldes, dous tenentes de alcalde, 17 concelleiros e técnicos- algo que amosa o interese creado a partires desta convocatoria. Ademais, aproveitando a viaxe, realízanse tamén visitas guiadas a varias instalacións de compostaxe comunal e dúas plantas de compostaxe (Lapatx y Epele).

"Está sendo moi interesante, sempre merece a pena coñecer outras formas de tratamento de residuos, tanto mediante compostaxe como mediante outros métodos que se poderían aplicar no Concello", sinala o edil, comprometido con en "estar ao día de tódalas novidades ao respecto", neste senso, destaca que Navarra é pioneira no uso da compostaxe.

Trátase dun encontro formativo, organizado pola Universidade do País Vasco (UPNA) e Mank Sakana e cofinanciado pola Comisión Europea, entre outros. En concreto os seus obxectivos son: coñecer distintas realidades sobre a xestión de residuos sólidos urbanos; explorar as oportunidades medioambientais e socioeconómicas en torno á xestión de residuos e, por último, valorar a necesidade dunha formación específica de xestión de residuos.