Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A praga de avespa asiática descontrolada despois de dous anos de advertencias.

A praga de avespa asiática descontrolada despois de dous anos de advertencias.

Correo-e Imprimir PDF
Vespa velutina nigrithorax MHNT dos

Charla informativa en #Nigrán.

Hai dous anos VM.info daba coñecer a presenza da vespa velutina na na bisbarra. O técnico forestal, Iago Pereira, agora concelleiro de Baiona, foi quen deu a voz de aviso tras detectar a súa presenza na Ramallosa.

Dende entón, inda os esforzos dos técnicos involucrados, foron constantes as denuncias cidadás da falta de acción por parte da Xunta de Galicia e a concesionaria do servizo TRAGSA.

A mais común o feito que acoden sen material adecuado para retirar os niños, e cun protocolo criticado polos apicultores pola retirada dos niños durante o día, cando está baleiro.

O caso máis rechamante foi en Sabarís onde un niño levaba 8 meses identificado e activo, e sen retirar peses ás continuas queixas dos veciños

Charla informativa en Nigrán.

O Concello de Nigrán, xunto a Agrupación Apícola de Galicia e a Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra, organizan este venres ás 20.00 horas no auditorio municipal unha charla informativa sobre a praga e as ferramentas que poden permitir o control da súa propagación.

A xornada contará entre outros como poñentes con Esther Ordóñez, veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia, e José María Seijo, presidente da mesma entidade. Tamén asistirá un técnico portugués especialista na retirada de niños e que xa colaborou na extracción de algúns na comarca especialmente complicados de combater. Os apicultores que solicitaron a medicación contra a varroa poderán recollela ás 19.30 horas no mesmo lugar.