Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Nigrán amplía o prazo de inscrición para participar no programa de compostaxe.

Correo-e Imprimir PDF

CompostaxeO Concello de Nigrán amplía ao 15 de xaneiro o prazo de inscrición para participar no programa provincial de compostaxe comunitaria levado a cabo pola Deputación e que consiste na instalación de unidades a tal efecto no punto limpo, o que permitirán aos usuarios depositar materia orgánica e recoller a cambio abono de alta calidade de xeito totalmente gratuíto. Estes estarán á disposición dos veciños que se apunten e de locais de restauración, onde se xera gran cantidade de residuo idóneo, como sobras de comida, froitas e verduras, cascas de ovo, restos de cafe.

Nigrán aumenta a partida para o servizo de axuda no fogar no novo concurso de contratación.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán abre nos próximos días o novo concurso de contratación para o servizo de axuda no fogar.

As bases foron enviadas ao BOP para a súa publicación, dando un prazo de 15 días para a presentación de ofertas dende que saia o anuncio

O prego, cun aumento de 20.000 euros (de 145.000 euros a 165.000) inclúe como novidade requisitos específicos para garantir tódolos dereitos dos traballadores

O Concello de Nigrán afirma que enviou esta semana para a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o anuncio para a contratación do servizo de axuda no fogar, que se fará efectivo nos vindeiros días e que dá un prazo de 15 días de presentación de ofertas. O novo prego de condicións ascende de 145.000 euros ao ano a 165.000 e ao mesmo tempo aumenta o período de prestación do servizo de un a dous anos.

O BNG rexeita manter no 2016 á empresa axudicataria do Servizo de Axuda ao Fogar en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

xabier rodirguez bng nigranAcusan ao goberno do PSOE de demorar a contratación dunha nova adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar en Nigrán. "Iso pese as graves irregularidades cometidas pola empresa e a que o actual contrato rematou o 31 de decembro", aseguran dende o BNG. Engaden que advertiron publicamente das mesmas en novembro e con anterioridade no seo de xuntas de portavoces, comisións e plenos

O servizo municipal de auga chegará ao Camiño do Monte en Priegue.

Correo-e Imprimir PDF

augachegacaminhodomonteUnha vez rematadas estas obras, o Concello de Nigrán anuncia que acometerán as de saneamento no camiño do Rincho (Ceán) e en Salgueiral e Regueiro (Camos)

O Concello de Nigrán iniciou as obras para achegar o abastecemento ao Camiño do Monte, en Navás (Priegue). Estas beneficiarán a decenas de veciños que ata agora non dispoñían de auga corrente e as leva a cabo a empresa de Parada (Nigrán) 'Espazo Cúbico', cumpríndose así a vontade do goberno local de dar traballo a firmas do municipio. Posteriormente, emprenderanse as obras de saneamento no Camiño do Rincho (no barrio de Ceán) e na rúa Salgueiral e o Camiño do Regueiro (parroquia de Camos), de xeito que estén rematadas e xa en funcionamento a inicios deste ano. En total, o Concello de Nigrán inviste nelas 86.000 euros (sen IVE) e cumpre así coa súa parte do convenio asinado en 2013 con Augas de Galiza e que foi anulado unilateralmente o 27 de xullo por parte da Xunta, organismo que se comprometera a levar o saneamento a parte de Parada e Camos.

O Concello de Nigrán arranca o ano co anuncio de novas contratacións a prol da seguridade vial.

Correo-e Imprimir PDF

chandebrito carretera sinpintarAs obras suporán preto de 60.000 euros segundo o Concello de Nigrán. As mesmas integran un plan de mellora da seguridade viaria deseñado polo goberno socialista. Nesta intervención as obras beneficiarán a Panxón (Camiño da Area, Arquitecto Palacios, Paraviñal), San Pedro (Manuel Misa), Priegue (Camiño do Monte) e Nigrán (Casás, Carballiños, Seixas Alto).

"Unha das prioridades deste goberno é a mellora da seguridade viaria nas parroquias e estas son obras que non supoñen gran custe económico e que, pola contra, benefician a centos de veciños", argumenta o alcalde Juan González.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL