Venres, 9 Jun. 2023

Actualizado07:21:59 AM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

NigránDecide convoca a unha asemblea aberta no concello.

Correo-e Imprimir PDF

nigran decideA asemblea celebrarase mañá mércores, 2 de setembro, ás 20:00 horas, no Centro Antena.

A fin será recoller propostas veciñais para levar aos seguintes plenos que se van celebrar no Concello de Nigrán.

Nigrán amplía e renova parte da flota de vehículos municipais.

Correo-e Imprimir PDF

coches novos nigranO Concello de Nigrán vén de ampliar a súa flota de vehículos coa adquisición en modo 'renting' dun furgón Renault Traffic para o traslado de persoal de Vías e Obras e a compra dun turismo Dacia Sandero para o uso de conserxe notificador.

Sinalan que o furgón de 9 prazas "resultaba totalmente indispensable para esta área do Concello, xa que ata o momento varios empregados debían exercer de choferes para poder trasladar ao persoal necesario ás obras, xa que xamais se contou cun vehículo de 9 prazas"

#Nigrán organiza unha xornada de limpeza de especies invasoras do sistema dunar de Panxón

Correo-e Imprimir PDF

limpeza-dunas-panxonO Concello de Nigrán organiza este xoves a súa segunda xornada de limpeza de especies invasoras no ecosistema dunar de Praia América-Panxón despois de que a anterior fose suspendida polo mal tempo.

Fornelos reclama achegas aos concellos que reciben auga do embalse de Eiras, entre eles #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

fornelos vigoCangas, Moaña, Nigrán, O Porriño, Redondela, Vigo, e cando é necesario, Baiona consumen a auga potabilizada no embalse de Eiras, en Fornlenos de Montes. Un tratamento que esixe próximo a 2 millóns de euros anuais e para os que este municipio debe aportar 20 mil euros, equivalente ao 1%. O rexedor Emiliano Lage, entende que trátase dun custe desorbitado para o seu concello e que sería xusto que os outros municipios que se benefician de Eiras, contribúan aos gastos. Así fíxoo saber ao rexedor vigués, Abel Caballero, no marcos das reunión que o alcalde vigués está a manter polo tema da Área Metropolitana.

O colexio Humberto Juanes contará cun novo sistema de calefacción no próximo curso

Correo-e Imprimir PDF

ReunionO alcalde de Nigrán mantivo hoxe unha reunión co xefe territorial da Consellería de Educación, entidade que financia o cambio de caldeira.

González pediu que se mellore o acceso de tráfico rodado e peóns ao IES Proval ante a inseguridade actual nesta vía dependente da Xunta

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL