Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O cambio a iluminación LED permitirá aforrar a #Nigrán entre un 50% e 80% o custe do alumado público.

Correo-e Imprimir PDF

LED2-nigranA medida, enmarcada nun proxecto piloto da Deputación, permitirá rebaixar o consumo entre un 51% e 80%

O Concello de Nigrán participa nun proxecto piloto da Deputación que permite trocar as lámpadas convencionais de sodio por iluminación LED de baixo consumo. Os traballos de reposición realizáronse ao longo deste semana e xa están culminados, anuncia a administración local.

A Xunta de Galicia comprométese a “darlle o impulso definitivo” ao PXOM de #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

juan rivas2A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reuniuse co alcalde de Nigrán, Juan Antonio González Pérez, para analizar a situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) deste municipio. Trala reunión, Rivas manifestou a intención da Xunta de "darlle o impulso definitivo e acadar a súa aprobación total".

Encarnación Rivas trasladoulle ao rexedor municipal que na actualidade a Xunta non ten pendente a emisión de ningún tipo de informe urbanístico, xa que, sinala, o informe previo á aprobación inicial (IPAI) emitiuse en abril de 2012.

Procuran reactivar A Unión de San Pedro con nova directiva.

Correo-e Imprimir PDF

a-union-san-pedro-ramallosaSinalan que estiveron a piques de pechar a asociación e entregar as chaves da sede da Rúa Manuel Lemos Nº 88, ao Concello de Nigrán se tras o chamado de maio non se presentaban candidaturas para a directiva na xuntanza prevista para o día 11 de xullo. Finalmente un grupo de veciños de San Pedro decidiu conformar nova dirección e saír pola parroquia na procura de apoios e iniciativas que permitan reactiva A Unión, asociación veciñal de afastada traxectoria na parroquia de San Pedro da Ramallosa e Nigrán.

#Nigrán presenta un recurso ante Augas de Galicia para viabilizar o abastecemento de auga a Parada.

Correo-e Imprimir PDF

pleno nigran 2015O organismo autonómico comunicou esta semana a súa decisión unilateral de cesar o citado acordo por suposto "incumprimento"

Os 17 edís facultaron ao alcalde a que interpoña un recurso contencioso administrativo se a Xunta de Galicia mantén a súa decisión de anulalo

O Pleno do Concello de Nigrán aprobou onte con tódolos grupos a favor o convenio de abastecemento de augas á parroquia de Parada. A cuestión figuraba na orde do día pese a que o 27 de xullo o organismo Augas de Galicia comunicou por escrito ao Concello a súa revogación alegando "por incumprimento".

A decisión de Augas de Galicia foi obxecto dun pronunciamento contrario e rexeitado contundentemente polo goberno e demais partidos da oposición.

De feito, a corporación por unanimidade acordou aprobar o punto tal e como estaba previsto e como requiría Augas de Galiza para seguir adiante. A súa vez o goberno municipal anuncia nesta xornada que "hoxe mesmo foi enviada á Consellería de Medio Ambiente o certificado do Pleno acreditando a disponibilidade dos terreos, como era necesario".

Xornada de voluntariado consigue retirar centos de plantas invasoras da superficie dunar de #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

dunas-nigran-voluntariadoO Concello afirma que a non retirada destas especies invasoras nos últimos catro anos provocou a masiva presenza das mesmas nos 3.500m² de superficie traballada.

O Concello de Nigrán celebrou este xoves a súa primeira xornada de voluntariado no ecosistema dunar de Panxón, actividade que se espera repetir o vindeiro día 13 e xoves seguintes..

Neste primeiro día, os voluntarios traballaron retirando especies invasoras nunha superficie de 3.500 metros, localizada no último sector dunar recuperado (cara o paseo de Panxón, fronte as instalacións deportivas) e o que se atopaba en peor estado de conservación.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL