O pasado martes tivo lugar a sesión constitutiva do novo Consello Local do Bloque Nacionalista Galego de Nigrán, recentemente elixido, convocado polo tamén novo responsable local da formación, Adrián Rei, número 2 da candidatura do BNG Asembleas.
Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor
Giráldez convértese na primeira muller en exercer como alcaldesa en funcións na historia de #Nigrán.
A concelleira socialista Raquel Giráldez presidiu este mércores a xunta de Goberno Local en calidade de alcaldesa en funcións. Aspecto salientado dende a administración por tratarse dun feito histórico no concello de Nigrán.
A metade das duchas de pago de Nigrán xa eran gratuítas por fallos nos dispositivos de lectura das tarxetas.
Unha das principais novidades deste ano nos areais de Nigrán é a supresión das duchas de pago. Sen embargo o Concello informa que actualmente fóronse substituíndo na nova función mecánica todos aqueles dispositivos de tarxeta que presentaban disfuncións, co resultado de que o 50% das duchas xa funcionan gratuitamente.
O custo do mantemento do servizo "non compensaba o aforro de auga e o actual goberno aposta por medidas de concienciación e educación da cidadanía para implantar unha verdadeira cultura do aforro de recursos hídricos", sinalaba este martes o alcalde Juan González.
O areal de Lourido mantén o servizo de baño para persoas con mobilidade reducida.
O Concello de Nigrán informa que está dispoñible o servizo de baño para persoas con mobilidade reducida. Os usuarios disporán de dúas cadeiras anfibias na zona de Lourido no horario de 12:30 a 20 horas baixo supervisión do Posto de Salvamento cuxos profesionais desenvolven tarefas nese mesmo horario.
Suspéndese a folga do lixo prevista para a vindeira semana en #Nigrán tras mediar a alcaldía.
-Traballadores e empresa chegan a un acordo para desconvocar a folga de lixo en Nigrán
-O Concello sinala que mediou dende o principio para que as partes chegaran a un acordo que beneficiase aos traballadores e ao propio municipio
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL