Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Fornelos reclama achegas aos concellos que reciben auga do embalse de Eiras, entre eles #Nigrán.

Fornelos reclama achegas aos concellos que reciben auga do embalse de Eiras, entre eles #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
fornelos vigo

Cangas, Moaña, Nigrán, O Porriño, Redondela, Vigo, e cando é necesario, Baiona consumen a auga potabilizada no embalse de Eiras, en Fornlenos de Montes. Un tratamento que esixe próximo a 2 millóns de euros anuais e para os que este municipio debe aportar 20 mil euros, equivalente ao 1%. O rexedor Emiliano Lage, entende que trátase dun custe desorbitado para o seu concello e que sería xusto que os outros municipios que se benefician de Eiras, contribúan aos gastos. Así fíxoo saber ao rexedor vigués, Abel Caballero, no marcos das reunión que o alcalde vigués está a manter polo tema da Área Metropolitana.

Emiliano Lage recordou que a presenza do embalse, ao que se destina toda a conta do río Oitavén limita a Fornelos no desenvolvemento industrial ou no desvío da auga para outros proxectos.

Os alcalde de Fornelos e Vigo acordaron que trátase dun tema propio da área metropolitana e que esta deberá asumir unha vez entre efectivamente a funcionar.