Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Convocan 2ª xornada de voluntariado para erradicar especies invasoras nas dunas de Lourido

Correo-e Imprimir PDF

dunas louridoO Concello de Nigrán organiza este xoves a súa segunda xornada de limpeza de especies invasoras no ecosistema dunar. Neste caso a acción realizarase nas dunas situadas na zona do areal de Lourido.

Para elo, fan un chamamento a tódalas aquelas persoas voluntarias que estean interesadas en participar.

O goberno de #Nigrán reclamará 8 árbores non colocadas que figuraban no contrato da praza do Concello.

Correo-e Imprimir PDF

praza concello3Denuncian que colocáronse en substitución especies de menor valor da estipulada no contrato.

O espazo proxectado polo anterior goberno tivo un orzamento de 218.456 euros "e non inclúe rego automático", sinala o goberno de Nigrán.

Denuncian que a escasa cantidade de terra que poden conter os parterres impide que moitas árbores enraícen como é debido

Os recibos do IBI en #Nigrán baixarán un 4% de media a partir de 2016.

Correo-e Imprimir PDF

costa-litoral-nigranO Concello de Nigrán adhírese a unha proposta de Facenda para rebaixar o imposto de bens inmobles do 0,60% ao 0,52%

A medida xa asinada polo alcalde suporá un aforro para os veciños e unha diminución nas arcas municipais de 192,631,74 euros a partir de 2016, segundo un comunicado muncipal

O goberno de Nigrán acordou a rebaixa en oito puntos do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para o vindeiro exercicio do ano 2016. Así llo comunicou o propio rexedor Juan González á Dirección Xeral do Catastro o 27 de xullo de 2015 mediante a solicitude de aplicación aos valores catastrais de bens inmobles urbanos aos coeficientes que estableza ao efecto a Ley de Presupuestos Generales del Estado para o 2016. Esta rebaixa se adhire polo pronto á posibilidade ofrecida dende o propio Ministerio de Facenda.

Veciños da Rúa Rans denuncian atrancos por mor das obras de humanización. #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

rans-1-ireneVeciños da Rúa Rans anuncian que presentarán un escrito de denuncia ante o Concello de Nigrán. Sinalan estar fartos dos atrancos e a falla de seguridade para o tráfico e viandantes que están a provocar os traballos de humanización na estrada. Afirman que falta espazo para camiñar nas beirarrúas nos tramos ocupados por materiais da obra e a ferramentas espallada no chan. Reclaman a sinalización de vías alternativas para peóns nos lugares que deben baixar á estrada.

#Nigrán avanza no trámite de execución das obras de saneamento para Ceán, Priegue e Camos .

Correo-e Imprimir PDF

vista nigranA Xunta de goberno do Concello de Nigrán aprobou esta semana a realización das obras de saneamento no Camiño do Rincho (no barrio de Ceán) e na rúa Salgueiral e o Camiño do Regueiro (Camos), de xeito que antes de fin de ano estarán rematadas e xa en funcionamento. Ademais, dentro do mesmo proxecto realizado dende a enxeñería municipal inclúese o abastecemento de auga para o Camiño do Monte, en Navás (Priegue). O Concello de Nigrán inviste nelas 86,000 euros (sen IVE) e cumpre así coa súa parte do convenio asinado en 2013 con Augas de Galiza e que foi anulado unilateralmente o 27 de xullo por parte da Xunta, organismo que se comprometera a levar o saneamento a parte de Parada e Camos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL