Luns, 22 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

As ruínas históricas do muíño de tres moas de Porto do Molle a piques de desaparecer entre a vexetación.

Correo-e Imprimir PDF

muinho pm2

Esta peza xunto con outras distribuídas ao longo das ribeiras do río Muíños foron as primeiras industrias de Nigrán e déronlle nome á corrente fluvial. Especialmente importante pola súa particularidade arquitectónica é o muíño de tres moas, localizado en territorio do parque tecnolóxico industrial de Porto de Molle. Unha xoia histórica, documentada hai máis de 500 anos, que ben podería ser o símbolo deste parque coma da laboriosidade dos veciños e veciñas de Nigrán ao longo dos séculos. Sen embargo a súa estrutura está a piques de desaparecer deturpada pola vexetación silvestre, inda que o convenio con Zona Franca incluía o seu mantemento. Membros de SOS GROBA e o Instituto de Estudos Miñoranos manifestaron a súa preocupación polo estado deste patrimonio da bisbarra tralo seu pasaxe polo enclave nunha visita guiada onde participaron case un centenar de persoas.

90 nenos e nenas de Nigrán inician o Campamento de verán 2015

Correo-e Imprimir PDF

ana-perez-campamentoO pasado luns 22 de xuño deu comezo o Campamento de Verán 2015, para 90 nenos e nenas de entre 4 e 11 anos, organizado polo Concello de Nigrán cos obxectivos principais de favorecer a conciliación das familias nos períodos non lectivos e a súa vez dar resposta ás necesidades lúdico-educativas dos e das menores dende o 22 de xuño ata o 31 de xullo de 2015.

Inaugúrase a tempada estival en #Nigrán : Os areais do Lourido visten de azul.

Correo-e Imprimir PDF

bandeira-azulPara os veciños segue a ser a praia de Lourido inda que Praia América sexa o topónimo imposto a forza de reiteración. Pero máis alá do nome, o certo é que por 24ª vez e de xeito consecutivo os seus areais gozan dunha bandeira azul como distinción da súa calidade medioambiental. Galardón que esta tarde tivo o acto de izado da man do alcalde Juan González e o seu homónimo de Gondomar, Francisco Paco Ferreira en calidade de presidente da Mancomunidade do Val Miñor.

UCN salienta o espírito de consenso co que traballa a nova corporación de #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

A Unión Centrista de Nigrán (UCN), sinala que valora positivamente a celebración do pasado pleno de organización "non só como consecuencia do seu desenvolvemento, senón tamén polas propostas do goberno abertas e participativas na procura de acordos de consenso co resto das forzas políticas, en contraposición con formulacións do pasado, con propostas absolutistas e pechadas".

Chandebrito vai a polas promesas electorais do novo goberno municipal de #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

chandebrito panel chan rotoHai case un ano, o martes 15 de xullo de 2014 veciños de Chandebrito descubrían consternados a deturpación de dous dos seus emblemas parroquiais. Os conxuntos de arte rupestre de Chans de Rapadouro e da Lapela foran obxecto de actos vandálicos que os desfiguraron para sempre. Por si fora pouco, os autores da brincadeira tamén a acometeron contra os valados e sinalización que constituían parte do espazo de recreo e interpretación etnográfico e arqueolóxico financiado pola Unión Europea e iniciado en 2005. Chandebrito 1807, foi o colectivo que saíu a denunciar ante as administracións competentes o que estaba a pasar. A desfeita segue impune e o silencio administrativo foi a resposta acadada por estes veciños tanto do Concello como da Xunta de Galicia.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL