Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán #Nigrán organiza unha xornada de limpeza de especies invasoras do sistema dunar de Panxón

#Nigrán organiza unha xornada de limpeza de especies invasoras do sistema dunar de Panxón

Correo-e Imprimir PDF
limpeza-dunas-panxon

O Concello de Nigrán organiza este xoves a súa segunda xornada de limpeza de especies invasoras no ecosistema dunar de Praia América-Panxón despois de que a anterior fose suspendida polo mal tempo.

Para elo, fai un chamamento a tódalas aquelas persoas voluntarias que estean interesadas en participar.

O punto de encontro é ás nove da mañá na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, ubicada a escasos metros do lugar. A actividade está previsto que dure tres horas e que culmine coa total desaparición de especies foráneas.