Luns, 22 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O Concello de Nigrán festexa o sábado San Fiz, patrón do municipio.

Correo-e Imprimir PDF

banda vincios traxeO Concello de Nigrán festexa este sábado 1 de xullo San Fiz, patrón do municipio e día festivo local. Para elo, o Concello anuncia unha serie de actos ao longo de toda a xornada co fin de darlle "a máxima visibilidade a unha data tan sinalada para a localidade". Así, ás 11.00 da mañá, está previsto que a Banda de Música de Vincios faga entrada no Concello e ofrezca un concerto ao que está previsto que asista todo o goberno local.

#Nigrán : Os máis cativos disfrutaron dunha “peque-ruta” de piratas nas beiras do Ríos Muíños.

Correo-e Imprimir PDF

peque rutaOs máis pequenos disfrutaron este mércores dunha particular tarde de xogos nas beiras do río Muíños. Acompañados dun agarimoso grupo de "piratas" desenvolveron unha divertida ruta de 4 quilómetros polo Muíños. Nela desenvolveron distintas dinámicas, coñeceron unha das paisaxes fluviais máis importantes da bisbarra e recibiron obsequios dos organizadores.

O Concello de Nigrán organiza unha xornada de limpeza de plantas invasoras do sistema dunar de Panxón

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán organiza este xoves a súa primeira xornada de limpeza de especies invasoras no ecosistema dunar de Praia América-Panxón. Para elo, fai un chamamento a tódalas aquelas persoas voluntarias que estean interesadas en participar. O punto de encontro é ás nove da mañá na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, ubicada a escasos metros do lugar.

A policía local de #Nigrán detivo a un mozo por suposto delito de violencia de xénero

Correo-e Imprimir PDF

A Policía Local de Nigrán detivo a mañá do sábado 25 de xullo a un mozo por suposto delito de violencia de xénero. Os feitos ocorreron sobre as 10.20 horas, cando unha veciña do edificio situado en rúa Dos Pazos deu unha chamada de aviso á policía denunciando gritos e golpes nun dos pisos. Ao lugar desprazáronse varias unidades e unha patrulla da Garda Civil de Baiona. Ao chegar, o mozo abriu a porta admitindo que estivera discutindo coa súa parella e que froito do acaloramento rompeu unha mesa pequena. A policía contrastou o sucedido con ela, que se atopaba noutra habitación, e ofreceulles unha versión diferente, relatando que a agarrou polo brazo para impedirlle saír do cuarto e despois polo pescozo con forza, soltándoa violentamente sobre a cama e comezando despois a golpear mobles.

Nigrán-Decide pide o cumprimento do compromiso de convocar o Consello Sectorial do PXOM

Correo-e Imprimir PDF

jose cuevasA candidatura NIGRÁN DECIDE pide ao alcalde de Nigrán a convocatoria "urxente da Asemblea do Consello Sectorial do PXOM de Nigrán", para que sexan informados os colectivos veciñais da situación de tramitación do PXOM, segundo anuncian nun comunicado. Denuncian que o alcalde socialista, Juan González incumpriu o compromiso asumido coa súa agrupación, pois xa debiu telo convocado.
Dende a agrupación lembran que "tal como se configurou o Consello Sectorial do PXOM no seu regulamento aprobado por unanimidade o 28 de maio de 2008, é o órgano para canalizar a participación da cidadanía na tramitación do PXOM".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL