Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Unha comisión honoraria velará polo cumprimento das reclamacións da veciñanza á alcaldía en #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Unha comisión honoraria encargarase de dar seguimento ás suxestións e reclamacións presentadas pola veciñanza ante a alcaldía de Nigrán. Así o resolveu por unanimidade o pleno de Nigrán tras proposta dos edís de N-Decide. Co nome Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións, supervisará a actividade da administración municipal, e deberá dar conta ao Pleno, mediante un informe anual, das queixas presentadas e das deficiencias observadas no funcionamento dos servizos municipais, con especificación das suxestións ou recomendacións non admitidas pola administración municipal.

N-Decide reclama a urxente actualización do inventario de bens de #Nigrán trala polémica dos teléfonos.

Correo-e Imprimir PDF

jose cuevas eu

Ante a polémica xurdida entre o PSOE e o PP, en relación á ausencia de ordenadores portátiles no inicio deste mandato, NIGRÁN DECIDE  vai solicitar que comecen o antes posible os traballos para a actualización do inventario de bens e dereitos do Concello de Nigrán.

A solicitude feita pública nun comunicado refire a que o o actual alcalde socialista Juan González e o seu equipo aínda teñen que facer as comunicacións institucionais a través do seus teléfonos persoais. Segundo eles porque o anterior equipo de goberno liderado polo popular Alberto Valverde aínda non depositara os terminais e números dedicados a tal fin para o uso da corporación.

Ruben Rial: “A auga non é só para os que poden pagala”. Cae o sistema de duchas de pago en #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

ducha canasA partir do vindeiro 1 de xullo as duchas instaladas nas praias de Nigrán serán gratuítas para os usuarios. Tras dous anos de instalado o servizo de pago por tarxeta para habilitar o seu uso, o novo goberno de Nigrán fixo contas e atopou deficitario o sistema. O mesmo require próximo a 30 mil euros anuais segundo datos da Intervención para mantemento e reparacións. Cifra que non compensa no económico o aforrado pola baixa, que admítese, existiu no consumo.

A maiores o novo responsable da área, o socialista Ruben Rial opina que tamén existe unha cuestión de principios: "A auga non é só para os que poden pagala". Manifesta o seu convencemento que a valoración deste recurso vital por parte dos cidadáns debe darse nun ámbito de educación e non impositivo pola vía económica. Sistema aplicado na anterior administración e que Rial cualificou de "clasista".

O alcalde de #Nigrán, Juan González asumirá como deputado provincial no grupo do PSOE.

Correo-e Imprimir PDF

juan gonzalezOs nomes dos sete concelleiros do PSOE – PsdeG que representarán á demarcación de Vigo xa se coñecen. A mesma estará integrada polos edís vigueses Carmen Silva, Isaura Abelairas, David Regades, Ángel Rivas, e Santos Héctor; o alcalde de Nigrán Juan González e Digna Rivas de Redondela.

Juan González acude a Porto do Molle e visita o Juan María nas primeiras saídas como alcalde de #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

003jm juanO alcalde, que tamén asume a concellaría de Servizos Sociais, mantivo o luns unha reunión de traballo na que se repartiron as responsabilidades das áreas de goberno. Na mañá deste martes foi convidado a inaugurar unhas xornadas estatais en Zona Franca e fixo a súa primeira visita como rexedor ás instalacións do centro Juan María.

Como nota anedótica da xornada, a nova corporación ten que utilizar ainda os seus teléfonos e ordenadores persoais porque o anterior goberno aínda non fixo o correspondente depósito no concello.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL