Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O concello de Nigrán organiza un novo curso de ofimática para desempregados do municipio

O concello de Nigrán organiza un novo curso de ofimática para desempregados do municipio

Correo-e Imprimir PDF
ordandor taza boli

-O prazo de inscrición comeza o luns 8 de maio e remata o día 16, desenvolvéndose o curso do 1 ao 28 de xuño

O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de accións formativas para a veciñanza neste ano 2017, organiza no mes de xuño un curso de Ofimática dirixido prioritariamente a desempregados empadroados no municipio. O obxectivo desta acción, sufragada dende o Concello e polo tanto gratuíta para o alumnado, é ofrecer formación de calidade que amplíe as posibilidades de emprego dos parados do municipio, xa que o coñecemento de  ofimática é especialmente demandado polas empresas.

O curso, que se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena (Otero Pedrayo, 52) terá lugar do 1 ao 28 de xuño, de luns a venres, en horario de 10.30 a 13.30, estando aberto o prazo de inscrición dende o luns 8 de maio ao 16 de maio. As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude no Rexistro ou na Sede Electrónica Municipal, cubrindo unha instancia e unha ficha que estará a súa disposición na web municipal ou na Casa Consistorial (departamento de Desenvolvemento Local e no Servizo de Atención Cidadá) e achegando copia do DNI, do currículo e a correspondente certificación de inscrición no Servizo Público de Emprego.

Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden porse en contacto co Centro Antena (teléfono 986366572) ou Departamento de Desenvolvemento Local (986365000), ou a través dos correos Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ; Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .