Mércores, 16 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Socialistas revelan máis datos sobre urbanizacións previstas na actual redacción do PXOM de Nigrán.

Socialistas revelan máis datos sobre urbanizacións previstas na actual redacción do PXOM de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
mapa-clasificacion-pxom-nig

Baseados nunha copia da documentación do PXOM que obraría en su poder, o PSOE de Nigrán revelou esta tarde que o novo Plan inclúe 8 APIS (Áreas de planeamento incorporado), 20 PERIS (Plans Especiais de Reforma Interior), 10 SUD (solo urbanizable delimitado) e 32 Polígonos, "a grande maioría absolutamente in-desarrollables e que condenarán aos propietarios pagar dende a súa aprobación IBI urbano". "O problema do PXOM de Alberto Valverde non está no nulo crecemento das parroquias senón no desmesurado crecemento das zonas de costa", opinou a través dun comunicado o portavoz socialista Juan González.

 

Nas súas declaracións -horas despois do anuncio da alcaldía sobre novas roldas informativas sobre o PXOM-, González asegura que unha soa parcela das planificadas en Praia América ou Panxón "alberga máis edificabilidade que toda a parroquia de Parada ou Chandebrito". Agrega que os anuncios do goberno de Nigrán sobre que o PXOM favorecerá o desenvolvemento das parroquias do interior "é unha auténtica desfachatez pois o documento remitido polo Concello á Xunta de Galicia, que agora hai que modificar, afoga por completo ás parroquias de Parada, Camos e Chandebrito e deixaba sen posible crecemento nin ordenación ao interior de San Pedro, Nigrán ou Priegue". Nese senso acusou que "Achacarlle ás parroquias de interior e aos núcleos rurais o excesivo número de vivendas previsto é unha falacia."

Incremento da altura edificable na costa.

No marco das revelacións da suposta nova redacción dada polo PP ao PXOM de Nigrán, González asegura que atópase un "desmesurado crecemento en altura da costa de Panxón, de Nigrán e de San Pedro". Agrega que a edificabilidade prevista na costa chegará ata o pé de praia en Monteferro, Monte Lourido e Praia América. Asegura que iso xunto coa "cantidade inmensa" de PERIS, SUDS ou Polígonos" son os que fan que o Plan de Alberto Valverde propoña un inadmisible crecemento de 8.000 vivendas."

"Botarlle a culpa ao case nulo crecemento do interior de Nigrán é tan só unha escusa para seguir recortando edificabilidade no interior de Nigrán e abocar a parroquias e barrios a un estancamento demográfico e a "expulsión" dos veciños do seu lugar de nacemento", opinou González.

O PSOE esixe a Valverde "transparencia e participación real".

Co respecto ao anuncio da alcaldía de novas roldas informativas do PXOM, González asegurou que iso se produce grazas "á presión exercida polo grupo socialista". Pero adianta que trátase dunha transparencia "absolutamente ficticia", xa que o rexedor en ningún momento comprometeuse a facer as modificacións que as entidades sociais ou grupos políticos, presenten. Segundo González, nin sequera falou de consensuar con grupos políticos e entidades socias as "modificacións necesarias para facer o mellor Plan para Nigrán."

Por último, o concelleiro socialista manifestou que a súa agrupación segue a esixir de parte do alcalde Alberto Valverde " transparencia e participación real", así como a "entrega da documentación remitida á Xunta de Galicia", e dos informes da mesma que a súa agrupación solicitou fai 6 días "e sen resposta algunha".