Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN sospeita da uxencia de Alberto Valverde para aprobar o PXOM

UCN sospeita da uxencia de Alberto Valverde para aprobar o PXOM

Correo-e Imprimir PDF
O documento do PXON non contempla a nova lei de costas.

O portavoz da formación Unión Centrista de Nigrán-Centro Democrático Liberal (UCN-CDL), Antonio Fernández, solicitou sen éxito no último pleno ao alcalde Alberto Valverde, que demore a aprobación inicial da PXOM, polo menos un mes, para proceder ao estudo e análise do documento urbanístico de forma exhaustiva por parte dos membros da Corporación, antes de someter á consideración do Pleno, xa que se trata dun documento importantísimo de vital importancia para o futuro desenvolvemento do municipio, polo que require tomar en serio e estudar con rigor o seu contido, antes de proceder a súa votación.

UCN-CDL, advirte que ao alcalde "Alberto Valverde, está a contribuír coa súa torpeza e delirio", a crear un ambiente de crispación e rexeitamento entre a cidadanía, ao querer ocultar información e pretender aprobar a PXOM nun pleno express, facendo unha previa turne polas parroquias para cubrir o expediente, coa falsa aparencia de pretender dar información aos veciños, cando a realidade é completamente distinta.

"O alcalde non ten vontade política de informar, nin de que os veciños se decaten de verdade do contido da PXOM, porque nin tan sequera ofrece información desde o propio concello, por medio dos técnicos municipais, o que resulta tremendamente grave e sospeitoso."

Fernández Comesaña, rexeita de forma "rotunda e contundente, a opacidade con que o alcalde Valverde esta xestionando esta fase decisiva do documento urbanístico", e asegura que está "pechando todas as portas ao dialogo e consenso, tanto coas forzas políticas como sociais do municipio, o que demostra unha vez máis, a súa total falta de madurez política e talante democrático sen precedentes, e un estado de ansiedade por tantas promesas incumpridas, que pode conducir ao seu fracaso", advirte Fernández Comesaña.