Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Reunión de portavoces municipais en Nigrán cara ao análise dos informes da Xunta sobre o PXOM.

Reunión de portavoces municipais en Nigrán cara ao análise dos informes da Xunta sobre o PXOM.

Correo-e Imprimir PDF
Monteferro

 

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde convocou á xunta de portavoces municipais para o próximo xoves, 27 de abril co obxectivo de analizar os informes técnicos achegados onte dende a Xunta de Galicia co respecto ao Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM). Os mesmos foron elaborados polas Consellarías de Medio Ambiente e Urbanismo e serán presentados pola empresa redactora cara os seu estudo e análise. Valverde proponse ter a aprobación inicial do documento no transcurso deste verán.

Ademais na xuntanza establecerase unha axenda cos pasos a seguir na tramitación do PXOM antes da aprobación inicial do documento. Dende o Concello informouse que unha vez analizados os informes, a empresa redactora realizará as modificacións necesarias no documento, para posteriormente ser presentado publicamente antes da súa aprobación inicial.

Valverde presume de transparencia na tramitación e pide "responsabilidade e sentido común" ás partes implicadas.

"Este es el mejor ejemplo de la transparencia con la que el gobierno municipal llevará adelante este PGOM, constatando además la falsedad de las denuncias realizadas por algunas personas”, opinou Valverde. O rexedor manifestou a súa confianza en que os prazos previstos se cumplan “y la aprobación inicial del PGOM sea una realidad este verano, en nuestro primer año de mandato”, sinalou.

Valverde pediu ás partes implicadas na tramitación " responsabilidad y sentido común", co fin de que a mesma transcurra con "normalidad". “Vamos a ser testigos de un momento histórico para el municipio, y la normalidad, la serenidad y la transparencia deben seguir rigiendo este proceso hasta el final”, observou.

O rexedor chama a "ignorar" as filtracións sobre os contidos do PXOM.

O alcalde de Nigrán pediu aos colectivos e asociacións do municipio "que transmitan este mensaje de tranquilidad a sus miembros, y que ignoren cualquier filtración sobre los contenidos del PGOM que no provenga del cauce oficial e institucional del ayuntamiento",no entendido que "son informaciones que solo buscan generar un clima de crispación similar al de 2006 y boicotear la aprobación inicial del documento”, opinou Valverde.