Sábado, 12 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE de Nigrán acusa o goberno municipal de non facilitar o acceso ao PXOM

O PSOE de Nigrán acusa o goberno municipal de non facilitar o acceso ao PXOM

Correo-e Imprimir PDF
Os socialistas piden o acceso público ao PXOM

Nun comunicado dos socialistas, o seu portavoz Juan González  manifesta a negativa por parte do Concello de Nigrán de achegar unha copia do documento urbanístico, pese a solicitalo por rexistro o pasado 2 de agosto.

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, respondeu á solicitude dos socialistas cun escrito que recoñece a entrada da documentación para o informe previo á aprobación incial do PXOM con data 2 e 3 de agosto e informa do procedmento de consulta na Secretaría Xeral mediante un ordenador portátil coa obriga de gardar reserva.

Según o comunicado de prensa emitido onte polo Partido dos Socialistas de Nigrán, o seu portavoz no goberno Juan González, denuncia a negativa por parte do alcalde popular de Nigrán, Alberto Valverde, a entregarlles copia do documento de aprobación inicial do PXOM pese a ter feita unha solicitude por escrito o pasado 2 de agosto.

Según González, existe "un cambio radical na forma de tramitación do PXOM co goberno do Partido Popular" pondo en contraposición o proceso de tramitación levado acabo na etapa de goberno do PSOE entre 2007 e 2011. "O Goberno do Partido Socialista converteu o PXOM nun documento aberto á sociedade de Nigrán e, por suposto, a todos os grupos políticos con representación municipal. Calquer documento público que entraba por rexistro referente ao PXOM era remitido aos Grupos Políticos e incluso ás entidades veciñais xa que dende o PSOE considerábamos, e consideramos, imprescindible a súa participación na elaboración de este documento de vital importancia para o desenvolvemento de Nigrán. "

Gonzalez apuntou a un "cambio de estratexia" referido á última convocatoria deste verán realizada polo alcalde de Nigrán ás entidades veciñais e unha entidade cultural, para informar da chegada do documento "pero sin amosalo". Os socialistas solicitaron nesa reunión a convocatoria urxente de todos os colectivos que forman parte do Consello Sectorial para informalos en igualdade de condicións, compromiso que foi adquirido na reunión polo propio alcalde.

 

Acceso privilexiado

No escrito de resposta do alcalde de Nigrán, recoñécese a entrada en formato dixital da documentación relativa ao PXOM con data 2 e 3 de agosto. No mesmo escrito indicáse que  “os membros da corporación municipal, que mostren interese, poderán informarse do seu contido na Secretaría Xeral, coa obriga de gardar reserva....”. e que o acceso a dita documentación "realizarase mediante consulta en pantalla dun ordenador portatil que se asignará para tal finalidade."

Os socialistas van máis alá nas súas afirmacións e manifestan a súa disconformidade en que se lles obrigue a "botar unha ollada" nun portatil no despacho da secretaría municipal e gardando reserva do que alí se mire, e que pola contra que o Concelleiro de Urbanismo e Medioambiente, Ignacio Vilas, teña acceso ao documento dada a súa condición profesional como arquitecto técnico e promotor inmobiliario.

González manifesta non entender "que é o que hai que ocultar do novo documento do PXOM do Partido Popular"  e  denucnia á volta á estratexia do anterior alcalde popular, Alfredo Rodríguez Millares, de "voltar a un PXOM argallado polo grupo de goberno e non aberto a unha sociedade que ten moito que dicir xa que do que se está a falar e do futuro de Nigrán. Os veciños volverán a atoparse de fronte cun PXOM no momento da súa aprobación no pleno, unha estratexia que imita ao seu antecesor no PP de Nigrán. E minando así calquera posiblidade de estudio e análise da documentación en tempo e forma."

Os socialistas insisten no "desprecio" ao traballo previo realizado polo Consello Sectorial que ainda non foi informado nin convocado pese ao compromisos adquiridos polo Partido Popular na anterior etapa de goberno socialista.

Para Juan González  é fundamental que se siga tramitando o documento con transparencia, o consenso e a participación para " para non caer novamente no “clientelismo” e no xogo da “especulación” urbanística da redacción do PXOM que pretendía o anterior goberno do PP de Nigrán."

O PSOE de Nigrán solcitia a Alberto Valverde e ao PP de Nigrán "que volvan a por o PXOM sobrea a mesa" e que entregue ou faga público de xeito inmediato una copia do citado documento para abrilo á todo o mundo e demostrar así "que non teñene nada que ocultar". Por outra banda volven a esixir a "convocatoria inmediata do Consello Sectorial do PXOM" para continuar co traballo realizado duante os últimso catro anos.