Domingo, 9 Dec. 2018

Actualizado11:03:00 AM GMT

Estás en Nigrán O PPdeNigrán cualifica de "desesperadas" as declaracións vertidas por UCN, os non adscritos e o BNG

O PPdeNigrán cualifica de "desesperadas" as declaracións vertidas por UCN, os non adscritos e o BNG

Correo-e Imprimir PDF
Acto-presentacin-Alberto-Valverde

Os populares afirman que o acordo subscrito co PSOE permitirá pagar no entorno aos 300.000 euros a provedores e autónomos, saldando así facturas pendentes emitidas entre 2006 e 2009. Nun comunicados agrega que "as declaracións vertidas pola candidata do BNG, Cristina Fernández Piñeiro, demostran un profundo descoñecemento sobre materias tan importantes como o Plan de Ordenación do Litoral ou o canon da auga."

 

O PPdeNigrán cualifica de "desesperadas" as acusacións vertidas polo voceiro de UCN, Antonio Fernández Comesaña, o edil nacionalista non adscrito, Anxo Valverde a candidata do BNG de Nigrán Cristina Fernández Piñeiro, e o delegado de UPyD, Jorge Soto, en resposta ao pacto de colaboración anunciado polo alcalde de Nigrán, Efrén Juanes, e o candidato do PP á alcaldía de Nigrán, Alberto Valverde, o pasado sábado 11 de decembro.

 

Valverde asegura que estes tres grupos políticos quedaron "fóra de xogo" ante a firma deste acordo, "xa que é unha forma de facer política á que eles non están afeitos" e agrega que "só lles interesa xogar co campo embarrado".

 

O voceiro do PP de Nigrán asegura que o pacto de colaboración ten como obxectivo pagar facturas pendentes emitidas por provedores e autónomos ao Concello de Nigrán por valor de arredor duns 300.000 euros, "unha medida necesaria tendo en conta a conxuntura de crise económica pola que estamos a pasar", puntualiza. Neste sentido, Valverde rexeita a afirmación vertida pola candidata doBNG, Cristina Fernández Piñeiro, segundo a cal o PSOE está a asinar un cheque en branco para pagar débedas xeradas polo goberno dos populares. "O acordo específica moi claramente que se pagarán facturas emitidas entre 2006 e 2009", sentencia o candidato popular.

Vaverde risca de "desesperadas" as declaracións do edil de UCN,Antonio Fernández Comesaña, que cualifican a firma deste pacto como un "matrimonio de conveniencia" entre o actual goberno e o PP de Nigrán. "A firma deste acordo non é máis que un reflexo da política responsable que executa o PP de Nigrán. Unha forma de facer política que vela polos intereses dos veciños e veciñas de Nigrán por enriba de intereses partidistas, que levamos practicando catro anos e que non cambiará pase o que pase o próximo 22 de maio", dixo Valverde.

 

O PP de Nigrán considera que as manifestacións expresadas por estes tres grupos políticos evidencian un total descoñecemento sobre asuntos tan importantes para os veciños e veciñas de Nigrán como son o PXOM, o Plan de Ordenación do Litoral ou o canon da auga, entre outros. Neste sentido, Valverde sinala que a imposición do canon da auga responde a unha directiva europea, e recorda que o bipartito pretendía establecer unha imposición maior, que establecía tres canons en lugar dun, que é o que establece a mencionada directiva.