Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN denuncia irregularidades no tratamento do PXOM e lanza duros cualificativos contra o PSOE e o PP

UCN denuncia irregularidades no tratamento do PXOM e lanza duros cualificativos contra o PSOE e o PP

Correo-e Imprimir PDF

Con cualificativos tales como “irresponsable” e “veterano” no “ocaso de su carrera política y nefasta para los vecinos de Nigrán” o concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN) criticou ao actual alcalde de Nigrán Efrén Juanes en dúas notas onde rexeita a alianza PSOE – PP e os criterios do goberno na xestión do PXOM. Con data 15 e 18 de decembro os escritos tamén deslizan críticas ao Tenente de Alcalde e concelleiro de Urbanismo Juan González acusado por Comesaña de “incompetente” e candidato de baixo “perfil político” e xunto con Juanes como os responsables do fracaso político da actual xestión municipal. Con respecto ao PP, afirma que é o “tonto útil” do pacto, condenado a facer unha política de “seguidismo” marcada polos socialistas, nun intento de facer un “guiño descarado hacia la izquierda” produto do seu “desnorte”, cun candidato que ao igual que dos socialistas é de baixo “perfil político”.

O PXOM baixo sospeita de conter graves erros documentais e ausencia do veredicto dos técnicos municipais.

UCN cree necesario alertar a opinión pública que ten a sospeita “ más que evidente de que el nuevo documento de INICIO del PGOM remitido a la Xunta a finales del pasado mes de noviembre, pudiera adolecer de los documentos relevantes y referidos a la correcta delimitación y el grado de consolidación de los núcleos rurales (tradicionales, comunes y complejos), de acuerdo con lo establecido en la modificación de la LOUGA, publicada en el DOGA el 31/3/10, ya que ni tan siquiera fueron revisados por los técnicos municipales”.

O portavoz da UCN denuncia que a confirmación destas irregularidades provocará un novo aprazamento da aprobación do plan urbanístico que segundo o pleno do 25/6/2008 tiña que estar rematado a principios de 2010. Por outra banda, Fernández Comesaña di que “Por si todo esto fuera poco, el alcalde pretende ahora en el próximo pleno retirar las competencias que tiene atribuidas el pleno de la corporación en materia de contratación, para así poder modificar por Decreto el contrato de redacción del Plan General, adjudicado a la empresa Ute Arnaiz-Tinsa Consultores, S.L. en sesión plenaria el 25/6/2008 con los votos favorables de PSOE, PP y UCN, con la abstención del BNG. Una situación insólita que pretende modificar el contrato un Órgano (decreto-alcaldía) distinto del que lo aprobó, y que no existe ningún informe jurídico que justifique la legalidad del contrato por incumplimiento en el plazo de ejecución y los perjuicios económicos que por el retraso puedan derivarse para el Ayuntamiento. “

Matrimonio de conveniencia.

Fernández Comesaña afirmou que a escenificación do pacto entre socialistas e populares é un “matrimonio de conveniencia basado en intereses económicos y urbanísticos de gran calado.” Segundo o portavoz da UCN tamén feito para “diluir” as responsabilidades do equipo de goberno na mala xestión municipal. Fernández agrega que este pacto e unha antesala dun futuro goberno de alianza entre ambas as dúas forzas a consecuencia do baixo perfil político dos actuais candidatos: Juan González (PSOE) e Alberto Valverde (PP).

O concelleiro de UCN entende que “eso es algo que deben saber ya los ciudadanos: que votar a PSOE o PP en las próximas (eleccións) es contribuir a un chalaneo entre ambos partidos y candidatos. No sabemos si estamos ante un giro a la derecha del PSOE o bien que el PP en su desnorte haya traicionado a sus principios y sobre todo a su votantes, haciendo un guiño descarado hacia la izquierda”.