Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O goberno de Nigrán levará a aprobación inicial do PXOM en dúas semáns

O goberno de Nigrán levará a aprobación inicial do PXOM en dúas semáns

Correo-e Imprimir PDF
PXOM de Nigrán

O goberno municipal levará por urxencia a aprobación inicial  do PXOM, unha semana despois da celebración da comisión extraordinaria de urbanismo convocada hoxe, o que implicará a convocatoria dun pleno extraordinario.

O grupos da oposición terán só unha semán para analizar o documento e extraer as súas conclusións, previas á reunión da convocatoria extraordinaria.

 

Os consello sectorial ainda non foron informados ao respecto e seguen sen acceso ao documento urbanístico para o seu análise. 

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, convocou hoxe á Comisión de Urbanismo na que se informará sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal que levará a aprobación inicial unha semana despois da celebración da comisión. Esta reunión, que se celebrará o día 6, dará o pistoletazo de saída a unhas semanas de vital importancia para o futuro de Nigrán. “Nas próximas semanas teremos claro quen está a favor dun crecemento ordenado e sustentable do noso municipio”, sinalou nun comunicado.

O rexedor informa que realizará unha rolda informativa individualizada polas parroquias.