Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN-CDL de Nigrán ameaza deixar as reunións do PXOM se non hai "transparencia" por parte do alcalde.

UCN-CDL de Nigrán ameaza deixar as reunións do PXOM se non hai "transparencia" por parte do alcalde.

Correo-e Imprimir PDF
fcomesaasolo

-O concelleiro Antonio Fernández Comesaña responsabiliza ao PSOE de supostas entregas de información privilexiada do PXOM a promotores e amigos.

-UCN-CDL rexeita as restricións feitas pola Xunta de Galicia ás estimación de crecemento demográfico dos núcleos rurais de Nigrán.

O concelleiro Antonio Fernández Comesaña , declarou que a súa agrupación se reformulará a súa participación en futuras reunións do Plan Xeral de Ordenación Muncipal de Nigrán se os documentos urbanísticos non son abertos polo alcalde Alberto Valverde "a toda a Corporación e veciños do concello".

Así o fixo saber logo da reunión de traballo sobre o documento celebrada entre goberno e portavoces de Nigrán o pasado venres 27 de abril. O portavoz de UCN-CDL tamén mostrou a súa preocupación polo informe "moi restritivo da Xunta, especialmente na delimitación dos núcleos rurais", que segundo a súa opinión, "impide un crecemento razoable do interior do municipio.

Publicidade da documentación e críticas aos informes da Xunta de Galicia.

Antonio Fernández, sostén que chegado este momento considera "necesario e imprescindible mostrar" a todos os colectivos e veciños de Nigrán, o documento do Plan Xeral remitido á Xunta de Galicia para o seu ditame preceptivo e previo á aprobación inicial do Pleno." Se o alcalde non accede a que sexa transparente este proceso, UCN-CDL reformularase a súa participación en futuras reunións", adiantou.

Fernández Comesaña entende que unha vez emitidos os informes pola Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas (Dirección Xeral de Sostenibilidade e Paisaxe e Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo), procede dar a máxima información e transparencia "polas canles legais, dun documento que aínda non é definitivo, para coñecer con claridade todos os pasos que se están dando nun proceso demasiado lento e complexo".

Críticas de Fernández Comesaña ao PSOE de Nigrán.

"Non é de recibo que o PSOE estea facendo circular uns planos obtidos de forma ilegal e dispondo dunha información privilexiada", acusou Fernández Comesaña, ante a publicación na web socialista dos mesmos. Unha información, que segundo o concelleiro de UCN a agrupación socialista "supostamente entregou a promotores amigos mentres o resto da corporación non ten, co único obxectivo de confundir, manipular e enganar aos veciños, presentándose coma se nada tivesen que ver con este PXOM, cando son os únicos e verdadeiros responsables, xa que durante o seu mandato deron as ordes e directrices ao equipo redactor para elaborar un documento do que agora queren renegar".

Nese senso, o concelleiro acusa ao ex responsable de urbanismo e actual portavoz do PSOE, Juan González, de ser "responsable directo xunto co ex-alcalde Efrén Juanes, de non aprobar en catro anos un PXOM que prometeran aos veciños facelo nos dous primeiros anos do seu mandato, e que este documento é o que deixaron pre-cociñado e non consensuado, sendo este o PXOM do PSOE, por moito que agora quéirano negar e intenten confundir, enganar e sorprender aos veciños na súa boa fe. Será porque teñen remordimientos e moi mala conciencia?. O tempo dirao", afirmou.